Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta apostou pola dixitalización e a IA para celebrar o Ano Castelao
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta apostou pola dixitalización e a IA para celebrar o Ano Castelao

S. P.
Publicado: 12/02/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ano_castelao_202602012_anxo_lorenzo_-3.jpgO director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, fixo balance das actividades desenvolvidas en 2025 con motivo do Ano Castelao, moitas delas innovadoras e dixitais. Levou a cabo o balance na Comisión 4ª do Parlamento, facendo fincapé nos obxectivos acadados coas máis de 80 propostas recollidas na programación, baseados na consideración do debuxante, escritor e político rianxeiro como “unha figura fundamental para a cultura e lingua galegas, máis alá de reivindicacións políticas”.
Tamén, indicou, “poñendo en valor a súa pluralidade creativa como escritor, debuxante, caricaturista, ensaísta, dramaturgo e pensador, destacándoo como un símbolo da defensa da democracia e a liberdade, reflexionando sobre o exilio galeguista”.
Exposicións
Os proxectos expositivos foron un dos eixos centrais da programación da Xunta, achegando diversas olladas sobre a traxectoria do homenaxeado. Destaca, neste senso, a proposta principal que acolleu a Cidade da Cultura, unha experiencia inmersiva que combinou intelixencia artificial, hologramas, videomapping e realidade virtual para trasladar ao público ao universo do intelectual.
Á mostra Castelao. Mirar por Galicia, que acadou finalmente preto de 40.000 visitas, contando as actividades que se realizaron ao seu redor, hai que sumarlle tamén no Gaiás As mulleres na obra de Castelao, que aínda se pode visitar na Biblioteca de Galicia, ademais doutras propostas como son Castelao e Ourense, que relacionou no Arquivo Provincial a súa figura co galeguismo ourensán ou Castelao e Bos Aires. De sempre en Galiza a Alba de gloria, no Centro Galicia de Bos Aires.
Dixitalización
Outro dos eidos nos que o Goberno galego puxo o foco durante esta celebración foi no das publicacións, cunha decena de proxectos. Así, ademais dos libros Castelao entre nós. 75 anos despois, de Francisco L. Barxas, ou da edición de Galaxia de Castelao escritor, de Eduardo Blanco Amor, viu a luz un libro-disco que fusiona as múltiples facetas do intelectual e un audiolibro que permite escoitar dúas das súas obras máis significativas, Retrincos e Un ollo de vidro. Por outra banda, aínda no marco dos recursos dixitais, a Xunta colaborou coa Fundación Castelao para actualizar novidades na súa web.
Tamén se dixitalizou, en colaboración co Instituto Padre Sarmiento, toda a documentación descuberta sobre o proceso de aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, no que Castelao foi un dos partícipes directos. Aínda vencellado ao ámbito educativo, destacou a participación de máis de 30 institutos nas accións desenvolvidas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, centrados na elaboración de materiais audiovisuais, na gravación de podcast, na creación de exposicións ou de pezas teatrais.
Audiovisuais e artes escénicas
Lorenzo salientou tamén o apoio da Administración autonómica á longametraxe Antes de Nós, dirixida por Ángeles Huerta e baseada na vida do rianxeiro, cunha achega de 280.000€ a través da súa liña de axudas á produción audiovisual. Tamén, no que ten que ver coas artes escénicas apoiou unha nova edición do Festivalle, que se sumou á homenaxe ao rianxeiro, e a adaptación teatral da única obra narrativa que escribiu, Os dous de sempre.
A música tamén foi protagonista da programación, entre outras iniciativas, coa novena edición de No bico, un cantar, unha proposta na que o Executivo autonómico colabora co Consello da Cultura Galega e que este ano se dedicou a Castelao nun acto que tivo lugar en Rianxo.
Investigación e proxección exterior
Nestes meses tamén se consolidou a presenza de iniciativas académicas que afondan na investigación e divulgación do legado do escritor. Nesta liña, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude apoiou a creación da Cátedra Castelao na Universidade de Santiago de Compostela, así como a posta de novo en funcionamento da Cátedra de Estudos Galegos Alfonso Rodríguez Castelao na Universidade de Bos Aires.
De feito, o programa estendeuse tamén a outros puntos do mundo, facendo fincapé na proxección exterior da cultura galega a través de Castelao, tanto noutras Comunidades Autónomas como en países de América, Europa e mesmo África. Así, realizáronse distintos proxectos nos Centros de Estudos Galegos e nas Casas de Galicia, como foi o caso de Bahía, Sao Paulo ou Río de Janeiro, ou xa en Europa de Budapest, Heildeberg, Kiel, Varsovia, Oxford ou Gales. Neste contexto, a súa historia e legado tamén chegou a Nova York ou ao Centro de Estudos Galegos de Mozambique.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?