Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rojadirecta enfróntase a un novo xuízo oral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rojadirecta enfróntase a un novo xuízo oral

Redacción
Publicado: 12/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rojadirecta_decembro_2024.jpgA longa historia sobre a batalla xudicial de Rojadirecta e as compañías audiovisuais que xestionaban os dereitos de retransmisións deportivas escribe un novo capítulo hoxe coa apertura do xuízo oral contra o creador de Rojadirecta. No banco dos acusados sentarase Igor Seoane, máximo responsable da páxina e cabeza visible da sociedade Puerto 80 Projects SL, matriz do proxecto.
A vista arrinca na Audiencia Provincial da Coruña para analizar a actividade desenvolvida entre agosto de 2015 e maio de 2016 (tempada 2015/16), período no que o espazo web ofreceu de balde ligazóns a partidos de fútbol de pagamento. A Fiscalía solicita para Seoane unha pena de catro anos de cadea, despois de que a Audiencia Provincial determinase o pasado ano que a actuación de Rojadirecta vulneraba os dereitos e intereses de Telefónica España (entón denominada Distribuidora de Televisión Dixital, DTS, e anteriormente coñecida como Sogecable, matriz de Canal+), así como de Mediapro e LaLiga.
No mesmo procedemento, resolto en abril de 2025, cinco colaboradores da páxina aceptaron as penas propostas: seis meses de prisión e unha multa de 2.160 euros para cada un, sen obriga de ingreso en cárcere. Pola contra, Igor Seoane e Puerto 80 Projects SL non recoñeceron os feitos que se lles atribúen.
Durante o xuízo, no que está prevista a declaración dos axentes policiais que participaron na investigación, analizarase especialmente o posible ánimo de lucro da plataforma, que insería publicidade xunto coas ligazóns ás retransmisións deportivas. Se o calendario procesual se desenvolve con normalidade, o caso podería quedar visto para sentenza a partir do 2 de marzo.
A actividade de Rojadirecta deu lugar nos últimos anos a múltiples procedementos, tanto civís como penais. No ámbito cautelar, Mediapro e Telefónica solicitaron xa en 2015 o cesamento da actividade da web que facilitaba as ligazóns ás retransmisións. Ademais, unha sentenza de febreiro de 2017 do Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña estimou a demanda presentada por DTS e declarou que Puerto 80, a través do dominio rojadirecta.me, vulnerara dereitos de propiedade intelectual, ordenando o peche da web en todos os seus dominios.
Porén, continúan activos numerosos dominios baixo a denominación Rojadirecta, circunstancia que mantén aberta a batalla xudicial das empresas afectadas contra a pirataría.
No plano civil, os distintos procesos impulsados por Telefónica, Mediapro e LaLiga derivaron nunha condena ao pagamento de 31,6 millóns de euros a favor de Mediapro. Esta cantidade, con todo, non foi aboada ao atoparse a resolución en fase de recurso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?