Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto antes coñecido como Worldcoin adía o seu relanzamento en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto antes coñecido como Worldcoin adía o seu relanzamento en España

Redacción
Publicado: 16/02/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

worldcoin_ccdee6fc-4fc3-4f14-bde4-df94c19c.jpgA Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) emitiu unha advertencia formal á empresa Tools for Humanity, coñecida en España polo seu proxecto anteriormente denominado Worldcoin, tras recibir unha comunicación na que anunciaba o reinicio das súas actividades no Estado. O organismo supervisor trasladoulle diversas consideracións relativas ao tratamento de datos persoais que a compañía prevé levar a cabo.
A advertencia inscríbese nas funcións preventivas da AEPD e actívase cando as operacións de tratamento previstas poderían vulnerar o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). O obxectivo é que o responsable do tratamento poida revisar os criterios expostos e, se procede, adaptar os seus procedementos á normativa vixente. Tras recibir o escrito, Tools for Humanity comunicou a súa intención de aprazar temporalmente o relanzamento mentres analiza os aspectos sinalados pola autoridade española.
Segundo a información remitida pola empresa, o tratamento que pretende iniciar podería implicar o uso de datos biométricos: identificación mediante o iris e autenticación a través do recoñecemento facial. A AEPD lembra que a compañía debe xustificar na súa Avaliación de Impacto a necesidade e proporcionalidade destas operacións, así como xestionar os riscos asociados mediante medidas efectivas que garantan un nivel de risco aceptable durante todo o ciclo de vida do tratamento.
Na comunicación enviada para anunciar o reinicio da actividade, a empresa fai referencia a cambios introducidos respecto de 2024, ano no que a AEPD ordenou como medida cautelar o cesamento da recollida e tratamento de datos persoais en España. Naquel momento, o proxecto Worldcoin estaba operativo e o organismo recibira varias reclamacións que denunciaban, entre outros aspectos, información insuficiente aos usuarios, captación de datos de menores e a imposibilidade de retirar o consentimento.
Estas reclamacións foron trasladadas á autoridade bávara de supervisión (BayLDA), actuando a AEPD como autoridade interesada. A medida cautelar adoptada pola Axencia española baseouse en circunstancias excepcionais e foi recorrida pola empresa ante a Audiencia Nacional, que avalou a postura do regulador ao considerar que prevalecía «a salvagarda do interese xeral consistente na protección do dereito á protección de datos persoais dos interesados fronte ao interese particular da empresa».
Mentres tanto, as investigacións da autoridade xermana continuaron coa cooperación da AEPD. En decembro de 2024, a BayLDA ditou unha resolución na que declarou a infracción de varios artigos do RXPD por parte da empresa e instouna a implantar as medidas correctivas oportunas. A resolución ordenou, entre outras cuestións, a eliminación de todos os códigos de iris almacenados desde o inicio do proxecto sen as medidas de seguridade adecuadas e a incorporación do dereito de supresión no tratamento destes datos biométricos. Ademais, constatou que a compañía non adoptara mecanismos eficaces para impedir o tratamento de datos de menores.
O novo escenario abre agora unha etapa de revisión técnica e xurídica antes de que o proxecto poida retomar a súa actividade en España, nun contexto marcado pola supervisión reforzada das autoridades europeas en materia de datos biométricos e identificación dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?