Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigan a Shein polo seu deseño adictivo e por vender produtos ilegais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigan a Shein polo seu deseño adictivo e por vender produtos ilegais

Redacción
Publicado: 17/02/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

p-068955_00-02_01-original-448378.jpgA Comisión Europea abriu un procedemento formal contra a plataforma de comercio electrónico Shein ao abeiro da Lei de Servizos Dixitais (DSA), nunha decisión que pon o foco no seu deseño potencialmente adictivo, na falta de transparencia dos seus sistemas de recomendación e na posible comercialización de produtos ilegais dentro da Unión Europea.
Segundo informou o Executivo comunitario, a investigación centrarase en varios ámbitos prioritarios. En primeiro lugar, analizaranse os mecanismos implantados por Shein para limitar a venda de produtos ilícitos no mercado europeo, incluídos contidos que poderían constituír material de abuso sexual infantil, como bonecas con aparencia de menores destinadas a fins sexuais.
shein_munecas-sexuales-de-aspecto-infantil.jpg A Comisión tamén examinará os riscos asociados ao deseño da plataforma, especialmente aqueles elementos que poderían fomentar comportamentos adictivos. Entre eles figuran os sistemas de puntos ou recompensas por interacción, que poderían ter un impacto negativo no benestar dos usuarios e na protección dos consumidores no contorno dixital. A DSA obriga as grandes plataformas a avaliar e mitigar este tipo de riscos sistémicos.
Outro dos eixos da investigación é a transparencia dos sistemas de recomendación empregados por Shein para propoñer contidos e produtos. A normativa europea esixe que as plataformas revelen os principais parámetros que determinan estas recomendacións e que ofrezan, para cada sistema, polo menos unha opción facilmente accesible que non estea baseada na elaboración de perfís dos usuarios.
A investigación será desenvolvida con carácter prioritario e en profundidade. A apertura do procedemento non prexulga o seu resultado final. A Comisión poderá solicitar información adicional á compañía ou a terceiros, realizar accións de supervisión e entrevistas, así como adoptar medidas cautelares ou decisións de incumprimento no caso de detectar infraccións. Tamén poderá aceptar compromisos por parte da empresa para corrixir as deficiencias identificadas.
O procedemento contará coa participación de Coimisiún na Meán, ente coordinador irlandés de servizos dixitais, dado que Irlanda é o país de establecemento de Shein na UE.
A DSA non fixa un prazo legal para concluír este tipo de expedientes. A súa duración dependerá da complexidade do caso, do grao de colaboración da empresa investigada e do exercicio dos seus dereitos de defensa. Ademais, esta actuación é independente e complementaria doutras iniciativas en curso.
En paralelo, a rede de autoridades nacionais de protección dos consumidores (CPC) mantén unha acción coordinada sobre o cumprimento de Shein da lexislación de consumo. Así mesmo, as autoridades de vixilancia do mercado continúan aplicando o Regulamento Xeral de Seguridade dos Produtos (GPSR), incluíndo o seguimento dunha primeira campaña de inspección realizada en 2025 sobre artigos de puericultura.
A decisión adoptada pola Comisión prodúcese tras a análise preliminar dos informes de avaliación de riscos remitidos por Shein, das respostas ás solicitudes formais de información enviadas o 28 de xuño de 2024, o 6 de febreiro de 2025 e o 26 de novembro de 2025, así como da información facilitada por terceiros. O caso sitúa novamente ás grandes plataformas dixitais baixo o escrutinio das institucións europeas no marco do reforzo regulador impulsado nos últimos anos para garantir unha contorna en liña máis segura e transparente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?