Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Meta e nVIDIA pechan un acordo a longo prazo en infraestrutura de IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Meta e nVIDIA pechan un acordo a longo prazo en infraestrutura de IA

Redacción
Publicado: 17/02/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

meta-and-nvidia-announce-long-te.jpgMeta e o fabricante nVIDIA anunciaron un acordo estratéxico plurianual e multixeracional para acelerar o desenvolvemento da infraestrutura de intelixencia artificial da matriz de Facebook, Instagram e WhatsApp. O pacto abrangue desde centros de datos propios ata despregaduras en contornos na nube, co obxectivo de optimizar tanto o adestramento como a inferencia de modelos avanzados.
A colaboración permitirá a implantación a grande escala de tecnoloxía de nVIDIA, incluíndo CPU e millóns de GPU das xeracións Blackwell e Rubin, así como a integración da plataforma de rede Spectrum-X Ethernet dentro do sistema Facebook Open Switching System. Meta prevé construír centros de datos hiperescalables deseñados especificamente para cargas de traballo de IA, aliñados coa súa folla de ruta a longo prazo.
O fundador e conselleiro delegado de nVIDIA, Jensen Huang, destacou que «ninguén desprega IA á escala de Meta (integrando investigación de vangarda con infraestrutura industrial para alimentar os maiores sistemas de personalización e recomendación do mundo para miles de millóns de usuarios)». Segundo explicou, a cooperación inclúe un profundo codesenvolvemento en CPU, GPU, redes e software para levar a plataforma completa de nVIDIA aos equipos de investigación e enxeñaría de Meta.
Pola súa parte, o fundador e máximo responsable de Meta, Mark Zuckerberg, sinalou que «estamos entusiasmados por ampliar a nosa colaboración con nVIDIA para construír clústeres de última xeración utilizando a súa plataforma Vera Rubin co fin de ofrecer superintelixencia persoal a todas as persoas do mundo».
Un dos piares do acordo é a ampliación da despregadura de CPU baseadas en arquitectura ARM, como as nVIDIA Grace, orientadas a mellorar de maneira substancial o rendemento por watt nos centros de datos da compañía. Trátase da primeira implantación a grande escala baseada exclusivamente en Grace, apoiada por investimentos conxuntos en optimización de bibliotecas e software. As dúas empresas tamén traballan no futuro despregue das CPU nVIDIA Vera, cunha posible implantación masiva a partir de 2027.
No ámbito das redes, Meta adoptou a plataforma Spectrum-X Ethernet ao longo da súa infraestrutura global para garantir conexións de baixa latencia, rendemento previsible e maior eficiencia operativa e enerxética en contornos de IA a escala.
Ademais, a compañía integrou a tecnoloxía NVIDIA Confidential Computing no procesamento privado de WhatsApp, permitindo incorporar capacidades baseadas en IA á aplicación de mensaxería sen comprometer a confidencialidade e integridade dos datos dos usuarios. Ambas compañías estudan estender estas capacidades a outros servizos do ecosistema de Meta.
O acordo inclúe tamén un traballo conxunto de codesenvolvemento para optimizar modelos de IA de última xeración sobre as cargas de traballo reais da empresa, combinando a plataforma integral de nVIDIA coas necesidades produtivas de Meta. O obxectivo é mellorar o rendemento e a eficiencia das novas funcionalidades baseadas en IA empregadas por miles de millóns de usuarios en todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?