A cita Raiola Marketing Conference (RMC) volve á Coruña o próximo 26 de setembro coa celebración da súa novena edición en PALEXCO. Organizado pola firma galega Raiola Networks, provedora de aloxamento e solucións IT, o evento reunirá a profesionais do mercadotecnia dixital nunha xornada de relatorios e mesas redondas centradas nas tendencias que marcan o presente do sector.
Entre os relatores confirmados destacan Brais Moure, enxeñeiro de software, desenvolvedor full-stack e divulgador coñecido en redes como MoureDev; David Marchante, director executivo (CEO) do grupo Powerexplosive e fundador do Instituto de Rendimiento Empresarial, onde forma a empresarios en xestión e crecemento de negocio; Anna Pavlyuk, CEO de TuMadre Marketing e creadora de contido con máis de 120.000 seguidores; Hugo López, co-fundador de LeadMadness e especialista en embudes de venda e estratexia dixital; e Alvar González, xestor de contas en Hotmart e especialista en produtos dixitais. O programa inclúe ademais dúas mesas redondas, unha centrada en posicionamento (SEO) e outra en emprendemento dixital.
A condución do evento correrá de novo a cargo de Benlly Hidalgo, consultor e formador en marketing dixital especializado en psicomarketing e fundador de PostGradum University Education, xunto con Álvaro Fontela, co-fundador e CEO de Raiola Networks e un dos maiores referentes de WordPress en España e Latinoamérica.
“Cada edición de RMC confírmanos que Galicia ten moito que dicir en mercadotecnia dixital. Este ano volvemos a PALEXCO cun programa pensado para que calquera profesional, estea onde estea na súa carreira, leve algo aplicable ao seu negocio”, afirmou Álvaro Fontela, co-fundador e CEO de Raiola Networks.
Desde a súa primeira edición, Raiola Marketing Conference reuniu a máis de 85 relatores nacionais e internacionais e preto de 4.000 asistentes presenciais.
Raiola Marketing Conference prepara a súa 9º edición cos grandes referentes da mercadotecnia dixital en España
Compartir Este Artigo

