
Tal e como anticipamos hai un par de semanas, os subscritores a Nintendo Switch Online co Paquete de expansión (servizo que ten un prezo de 39,99 euros/ano) poden gozar dende hoxe a un novo título de Nintendo GameCube na súa Switch 2: o clásico Super Mario Sunshine.
Super Mario Sunshine é o xogo que continuou a senda das 3D iniciada por Super Mario 64, que anos máis tarde desembocaría en obras mestras como os Super Mario Galaxy ou Super Mario Odyssey.

Os que queiran revivir a experiencia de Super Mario Sunshine cunha maior fidelidade tamén poden adquirir na Nintendo Store o mando de Nintendo GameCube, que pode conectarse sen fíos coa Nintendo Switch 2 e cárgase por medio dun cable USB-C.
Cómpre salientar que o servizo que facilita o acceso a este clásico non está dispoñible para a Nintendo Switch orixinal, pero quen queira gozar do Super Mario Sunshine en Switch pode facerse co lote de xogos Super Mario 3D All-Stars, que veu a luz en 2020 en plena celebración do 35º aniversario de Super Mario Bros.

