
Rockstar Games pediu desculpas á comunidade pola filtración de vídeos de Grand Theft Auto VI que se produciu durante a última semana e confirmou que mañá ofrecerá unha presentación ampliada do esperado videoxogo.
«Ter vídeos da partida de Grand Theft Auto VI filtrados deste xeito foi arrepiante para o noso equipo», recoñece o estudio nunha mensaxe publicada nas redes sociais. Rockstar lamenta que esta non fose a maneira prevista para que o público coñecese o xogo e tamén se desculpa polo tempo transcorrido ata poder rematar o desenvolvemento e ofrecer información oficial e novas imaxes da partida.
O estudio asegura que o desenvolvemento de Grand Theft Auto VI está «case rematado» e explica que a presentación prevista para mañá tardou máis do desexado en estar preparada. Rockstar afirma que quere superar as expectativas da comunidade e ofrecer unha presentación á altura do que os xogadores esperan do novo episodio da saga.
A filtración pode afectar á experiencia prevista para o lanzamento ao adiantar parte do contido do xogo, especialmente para os usuarios que queiran descubrilo sen coñecer detalles previamente. «É desafortunado que a experiencia de xogo prevista poida verse agora afectada por algúns spoilers», sinala Rockstar, que pide á comunidade que agarde ata o lanzamento para experimentar o xogo por si mesma.
Grand Theft Auto VI chegará o 19 de novembro, e aínda que leva xa leva millóns de unidades reservadas, segue sen contar cun gameplay oficial publicado, e aínda queda moito tempo para a chegada do título aos xogadores, polo que as filtracións poden estragar a sorpresa dos incondicionais da saga de Rockstar.

