
Quincemil, en colaboración con R e Orange, celebrará o xoves 12 de novembro o encontro Conectados e protexidos: os retos dixitais da empresa galega, unha xornada dedicada a analizar como a innovación, a intelixencia artificial, a conectividade e a ciberseguridade están a transformar as empresas galegas.
O evento terá lugar entre as 9:30 e as 12:30 horas no Nordés Club Empresarial, na Coruña, e reunirá representantes do ámbito empresarial e institucional para abordar os principais desafíos da transformación dixital e o seu impacto na competitividade das organizacións.
A xornada comezará cun café networking ás 9:30 horas. A benvida oficial, prevista para as 10:00 horas, correrá a cargo de Alfredo Ramos, director de R e Orange, e Pablo Grandío, director de Quincemil.
Ás 10:10 horas, José Antonio Rodríguez Argüello, consultor de innovación e 5G de R e Orange Empresas, impartirá unha intervención centrada nas decisións tecnolóxicas que marcarán a competitividade das empresas galegas nos próximos anos. Ás 10:30 horas celebrarase unha mesa redonda sobre os desafíos que afrontan as organizacións galegas ante a transformación dixital. Continuará cunha quenda de preguntas do público ás 11:40 horas e concluíndo a cita ás 11.50 horas.
