Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Elgato ofrece de balde a súa función de teleprompter virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

Elgato ofrece de balde a súa función de teleprompter virtual

Redacción
Publicado: 03/11/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Elgato publicou Studio 2.0, unha nova versión do seu software de vídeo para PC e Mac que incorpora importantes cambios no teleprompter, engade ferramentas de xestión de cámaras e integra funcións que ata agora estaban repartidas entre distintas aplicacións. A actualización tamén introduce un teleprompter virtual gratuíto que permite converter calquera pantalla de portátil ou monitor nun dispositivo para ler guións, sen necesidade de contar con hardware específico da marca.

Un dos principais cambios está no sistema Prompter, que agora incorpora un editor de guións renovado, compatibilidade completa con Markdown e unha biblioteca propia con buscador, favoritos e pestanas para traballar con varios textos simultaneamente. A nova interface tamén mellora o rendemento tanto en Windows como en macOS.

O seguimento por voz Voice Sync foi reconstruído para ofrecer unha sincronización máis fiable entre a fala e o desprazamento automático do texto. Ademais, xa non require equipos de altas prestacións e funciona tamén en ordenadores con procesadores Intel e AMD. O sistema incorpora elementos na pantalla como temporizadores e indicadores de progreso, así como a posibilidade de que un operador supervise a lectura e controle o guión en tempo real.

As ferramentas de chat en directo amplían a súa compatibilidade máis alá de Twitch, ao incorporar tamén YouTube e Kick. Os creadores que retransmitan simultaneamente en varias plataformas poden consultar todas as mensaxes nun único fluxo.

O novo Virtual Prompter permite utilizar estas funcións en calquera portátil ou monitor, mesmo sen dispositivos Elgato. Ofrece dous modos de visualización: Docked, que sitúa o texto nunha franxa estreita xusto debaixo da cámara para manter a mirada preto do obxectivo, e Floating, que permite colocar o guión nunha xanela independente en calquera parte da pantalla ou amosalo a pantalla completa nun teleprompter de terceiros conectado como monitor adicional.

O modo Docked está dispoñible de balde e sen límites de tempo. Para acceder a Floating cómpre contratar Virtual Prompter Pro ou conectar un teleprompter físico de Elgato. A modalidade de pagamento custa 2,67 euros/mes ou 44,68 euros nun único pagamento para obter acceso permanente.

Studio 2.0 tamén incorpora ferramentas de gravación e configuración de cámaras. Os propietarios dunha Elgato Facecam ou dun Cam Link poden gravar directamente desde a aplicación e configurar parámetros como a resolución, a frecuencia de imaxe e o códec. O audio pode proceder de calquera micrófono ou dunha mestura creada con Wave Link.

A previsualización en directo está dispoñible tanto en PC como en Mac e permite comprobar o encadre e o foco antes de comezar a gravación. Un novo panel HUD amosa os parámetros da cámara e incorpora unha grella de composición. Os usuarios de Facecam tamén poden controlar desde aquí funcións como o zoom, a exposición e o balance de brancos. As configuracións anteriores de Camera Hub transfírense automaticamente.

A actualización supón tamén a integración das funcións de Camera Hub en Studio, polo que esta última pasa a ocupar o seu lugar como aplicación central para xestionar o equipamento de vídeo da marca. O software complementa Wave Link e amplía a súa integración con Stream Deck mediante un complemento renovado que permite navegar polos guións, modificar o encadre e iniciar gravacións sen abandonar outras aplicacións.

Elgato Studio 2.0 pode descargarse de balde para Windows 11 (64 bits ou ARM64) e macOS 26 Tahoe ou versións posteriores. O novo complemento para Stream Deck tamén está dispoñible de balde no Elgato Marketplace.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?