Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A partir de mañá será preciso resintonizar os televisores para gozar das principais canles da TDT en UHD
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A partir de mañá será preciso resintonizar os televisores para gozar das principais canles da TDT en UHD

Redacción
Publicado: 04/11/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A implantación do estándar DVB-T2 na Televisión Dixital Terrestre (TDT) remata esta noite, polo que os usuarios deberán resintonizar os seus televisores a partir das 8.00 horas do xoves 5 de novembro para recibir en ultra alta definición (UHD) as principais canles de ámbito estatal.

Quen non realice esta operación poderá seguir vendo os contidos en alta definición (HD), como ata agora, pero podería atoparse con cambios na posición dalgunhas canles ou mesmo deixar de recibir algunhas delas, dependendo da configuración técnica dos centros emisores e dos televisores. Entre as canles que poderían verse afectadas figuran Clan, DKiss, A3Series, BeMad e Boing, ademais de La Séptima, a nova canle que comezará as súas emisións o propio 5 de novembro.

A recepción das emisións en UHD require tamén que o televisor sexa compatible con esta tecnoloxía. Os aparellos adquiridos despois de marzo de 2025 xa incorporan esta compatibilidade, mentres que nos modelos anteriores pode comprobarse a través do menú de configuración ou das especificacións técnicas. A presenza de referencias como 4K, UHD ou unha resolución de 3840 x 2160 píxeles confirma que o dispositivo está preparado para recibir estes contidos.

Os televisores que non admitan UHD seguirán recibindo a programación en HD, polo que a transición non implica que deixen de funcionar nin que sexa imprescindible substituílos para continuar vendo a TDT.

A adopción de DVB-T2 achega unha maior eficiencia na transmisión e permite ofrecer mellor calidade de imaxe e son. A maioría dos países da Unión Europea xa emprega este estándar, que facilita que a televisión terrestre poida competir en condicións máis favorables cos servizos audiovisuais distribuídos por satélite ou a través de Internet, onde as emisións en UHD están máis estendidas.

Guía de resintonización

O cambio forma parte do Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre, aprobado en marzo de 2025. Unha vez que o parque de televisores estea suficientemente adaptado, abordarase unha segunda fase da evolución tecnolóxica, coa extensión da calidade UHD a todas as canles da TDT, tanto estatais como autonómicas e locais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?