Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

S. P.
Publicado: 24/11/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O grupo CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) deu un novo e relevante paso adiante en materia de transformación tecnolóxica do noso sector lácteo. Fíxoo coa implementación da solución XAI4CLUN, un proxecto que emprega a intelixencia artificial explicable para automatizar e optimizar o rexistro do leite que a cooperativa recibe cada día.

A presentación desta iniciativa fronte ao resto da industria tivo lugar no pasado encontro Demo Day CLUSAGA Innova, un encontro con empresas agroalimentarias de Galicia no que se deron a coñecer sistemas innovadores en ámbitos como a descarbonización, a IA aplicada ou a agricultura de precisión.

Nese contexto, César Fernández, director de TI de CLUN, protagonizou o relatorio XAI4CLUN – Plataforma intelixente de supervisión e asistencia dixital baseada en intelixencia artificial explicable (XAI), no que debullou os detalles deste proxecto, como funciona e cales son os obxectivos que a cooperativa pretende lograr coa súa aplicación.

Segundo fixo saber, Grazas a XAI4CLUN, os técnicos e operarios de CLUN contarán cun apoio tecnolóxico dispoñible as 24 horas do día e os sete días da semana para o rexistro dos datos do leite que entra nas instalacións da cooperativa.

Engadiu que ata o de agora “este procedemento non estaba automatizado, realizábase unha xestión da rastrexabilidade tradicional o que supón maior carga administrativa e algunhas inconsistencias na recollida de información”. Mediante a aplicación desta IA, espérase unha redución desa incosistencia do dato do 50% e unha rastrexabilidade do leite do 100 %, sinalou, engadindo que a ferramenta ofrece ademais unha validación automática en tempo real de cada dato e alerta á persoa encargada da súa xestión cunha linguaxe perfectamente transparente e sinxela, unha das principais vantaxes deste tipo de IA, sinalou.

Dende CLUN destacan que “esta ferramenta da intelixencia artificial fai evolucionar a CLUN dunha rastrexabilidade tradicional a unha rastrexabilidade automatizada e intelixente”.

O proxecto XAI4CLUN – Plataforma intelixente con XAI para a supervisión e garantía de datos para a converxencia dixital de procedementos lácteos foi beneficiario das Axudas 2025 destinadas a proxectos de investigación e desenvolvemento en intelixencia artificial e outras tecnoloxías duais e a súa integración nas cadeas de valor (C003/25-ED), convocadas por Red.es. Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?