Telefónica renova a súa oferta converxente co obxectivo primordial de levar a televisión a todos os recunchos nos que a compañía ten banda larga fixa. Así, Telefónica ten a intención de universalizar a súa proposta de televisión, Movistar+, que medra día a día en calidade, atractivo dos seus contidos, exclusividade, variedade e experiencia de usuario.
O presidente de Telefónica España, Luís Miguel Gilpérez, presentou hoxe esta «nova proposta que se adapta aos gustos do mercado, que pon en valor a nosa aposta polos mellores contidos, a produción orixinal, #0 e series Movistar+, e que mellora a experiencia televisiva a través dunha novo interface e novas funcionalidades».
As series, por exemplo, xa se consomen baixo demanda en máis dun 80%, e son o xénero máis popular e que máis impacto e conversación social xera. Por iso Telefónica vai ofrecer aos clientes de series todo o produto orixinal no seu servizo de vídeo baixo demanda para que o consuma como, onde e cando queira. Tamén #0 converterase no mellor escaparate para chegar a todos aqueles clientes que queiran consumir as series propias a outro ritmo. En #0 emitiranse as series orixinais de Movistar+ como Velvet Colección, La Zona, Vergüenza e La Peste, que se estrearán en setembro, outubro e novembro deste ano, e xaneiro de 2018, respectivamente. Desta maneira, todos os clientes de Movistar Fusión terán unha vivencia personalizada, multiplataforma e baixo demanda con Movistar+.
E ademais do contido de produción orixinal, cada cliente contará con novas funcionalidades, sexa cal for a modalidade que teña contratada de Movistar Fusión: gravación 350 horas en rede, control do directo, Últimos 7 Días, Ver desde o Inicio, Lanzar e Ver, Ver sen conexión, Movistar 5S, televisión en calquera dispositivo, e Multiacceso Fogar, que permite o acceso concorrente de tres dispositivos simultáneos no fogar.
Por todo iso, e para cumprir o obxectivo de universalizar a televisión a todos os clientes de Movistar Fusión, Telefónica introducirá o vindeiro 9 de xullo dous novos paquetes converxentes nos que os protagonistas principais serán os contidos de produción orixinal e as funcionalidades de televisión xa que se inclúe o descodificador desde a modalidade máis básica da oferta.
As novas opcións
Movistar Fusión #0 inclúe, por 45 euros ao mes con ADSL (ou fibra a 50 Mbps) ou por 57 euros/mes (con fibra de 300 Mbps) liña fixa con chamadas ilimitadas a outros fixos, 2 liñas móbiles (unha con 2 GB de datos e 200 minutos, e outra con 200 MB de datos e chamadas a 0 céntimos/min.), Internet e televisión con descodificador (con #0, os eSports de Movistar, as canles de TDT e 4.500 títulos de vídeo baixo demanda).
Con Movistar Fusión Series, por 60 euros/mes ofrecen ADSL ou fibra a 50 Mbps e por 72 euros/mes achegan fibra de 300 Mbps, xunto con tarifa plana a fixos, 2 liñas móbiles (unha con 4 GB de datos e tarifa planas de chamadas e outra con 200 MB de datos e chamadas a 0 céntimos/min.), Internet e televisión con descondificador (con #0, os eSports de Movistar, as canles de TDT, Movistar Series, Movistar Series Extra, Fox, Fox Live e 8.000 títulos de vídeo baixo demanda).
