Microsoft anunciou os Xogos con Gold que recibirán os subscritores de pagamento de Xbox Live no mes de xuño, iniciando por un título bastante agardado, Assassin’s Creed Chronicles: Russia, título para Xbox One que pecha unha triloxía da que recibíranse as anteriores entregas a través deste programa en setembro de 2016 e en febreiro de 2018. O outro xogo de Xbox One en xuño será SMITE: Gold Bundle, que estará dispoñible a partires do 16 de xuño que consiste nun xogo MOBA free-to-play xunto con contidos adicionais por valor de 99,99 dólares.
Os xogos de Xbox 360 (retrocompatibles con Xbox One) que chegarán en xuño serán Sonic & All-Stars Racing Transformed, divertido xogo de carreiras protagonizado por 20 personaxes de SEGA con cadanseu vehículo transformable, e LEGO Indiana Jones 2, título para toda a familia que permite explorar niveis dos catro filmes de Indiana Jones e incluso crear os nosos propios niveis.
Xbox con Gold completa a triloxía de Assassin’s Creed Chronicles
Compartir Este Artigo
