Adrián Suárez, coordinador do mestrado en creación de videoxogos EBF Coruña, doutor pola Universidade da Coruña en narrativa de videoxogos coa tese A narración das interaccións e coautor do libro Sobre Mario: de fontanero a leyenda 1981-1996, presentará o vindeiro xoves o seu último libro, El padre de las almas oscuras: Hidetaka Miyazaki a través de su obra, no que repasa a vida e obra do autor xaponés de videoxogos dende os primeiros Armored Core ata Sekiro: Shadows Die Twice.
O libro tamén recolle a triloxía de Dark Souls, conéctaa con Demon’s Souls, Déraciné e Sekiro, e afonda no xeito de contar historias de Hidetaka Miyazaki, así como a súa evolución dende os xogos de robots xigantes ata os títulos de ninjas con brazos mecánicos.
A presentación realizarase ás 20:00 horas na Libraría Arenas da Coruña, sendo o acceso á presentación de balde ata completar aforo, e contando o autor coa compañía de Adrián Prado, artista conceptual do xogo de mesa baseado en Bloodborne (xogo para PlayStation 4 dirixido por Miyazaki).
Este xoves preséntase na Coruña un libro sobre o director de Dark Souls
Compartir Este Artigo

