As consolas de videoxogos máis populares contan con solucións de acceso remoto que, aínda que non son moi coñecidas, poden resultar moi prácticas, para poder botar unha partida sen ocupar o televisor principal do fogar, o que a PlayStation 4 permite tanto dende ordenadores como con dispositivos con iOS, tendo un soporte de Android que limitábase a certos móbiles da familia Xperia, o que muda esta semana coa actualización de sistema 7.00, que permite usar smartphones e tabletas con Android 5.0 ou superior para xogar a distancia á PS4 valéndose dunha aplicación móbil.
Unha das funcionalidades máis interesantes do xogo remoto de PS4 é que os mandos DualShock 4, ao contar con Bluetooth, poden empregarse directamente dende dispositivos móbiles con Android 10, iOS 13 e iPadOS 13, así como en ordenadores con macOS Catalina (que actualización que chegará este mesmo mes).
Outra novidade que achega a actualización de sistema da PS4 é a organización de festas avanzadas. Con Party poden xuntarse ata 16 usuarios para conversar e, no caso de EE.UU., tamén será posible que as conversas de voz gocen de transcrición a texto de xeito automático (se os usuarios falan en inglés) e viceversa (ou sexa, que un usuario poderá escribir un texto e o resto de usuario escoitarán o texto a viva voz).
Vídeo promocional do xogo remoto de PS4 para dispositivos Xperia

