Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC achega unha app interactiva que anticipa a posible evolución do COVID-19
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC achega unha app interactiva que anticipa a posible evolución do COVID-19

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/04/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

app_covid_flmmodel.jpgA nosa comunidade investigadora é estes días un fervedoiro de traballo para loitar dende moi diferentes frontes contra un inimigo común: o COVID-19. Dende a Universidade de Santiago chegounos estes días información sobre unha ferramenta que ten potencial para mellorar o noso coñecemento sobre o inimigo, o coronavirus, e predicir o seu comportamento na poboación, unha información clave para mitigar as súas consecuencias e mesmo pórlle freo. Trátase dunha app interactiva desenvolvida por investigadores do grupo MODESTYA da USC. Salienta pola súa capacidade para prognosticar o avance do virus baseándose nos datos da súa evolución durante a quincena previa.
Amais, fai predicións para un horizonte temporal de tres días conforme a tres posibles modelos de comportamento.
Segundo informa o equipo desenvolvedor, o modelo de predición resultante serve para coñecer a situación de España, pero tamén do resto de países ou rexións do mundo, amais das Comunidades Autónomas estatais. A base de datos empregada para alimentar esta ferramenta usa os casos diarios confirmados e falecidos por rexión, extraídos da evolución da pandemia en todo o mundo.
A aplicación presenta tres parámetros con distintas posibilidades a escoller. No primeiro deles, o parámetro Model, o usuario decide entre tres opcións de modelos axustados: un lineal (FLM), outro aditivo (FSAM) e outro non paramétrico (FNP).
O segundo parámetro, Variable, serve para determinar se a predición vai ser dos casos confirmados con COVID-19 ou falecidos por esta enfermidade. En ambos casos, a predición será para un horizonte de tres días.
Para rematar, Country/Region permite seleccionar o país do que se fará a predición, baseándose nos datos rexistrados nesa área.
Con toda esta información, a aplicación web proporciona tres gráficas, aloxadas en tres pestanas. A primeira, Cumulative cases mostra a evolución dos casos acumulados confirmados ou falecidos nos últimos quince días, e a predición para os seguintes tres. A segunda, Growth rate, expón a evolución do ratio de medre da variable nas dúas semanas previas, e a predición para os próximos tres días.
Para rematar, Daily cases achega os casos diarios da enfermidade e predí a evolución nos seguintes tres días. Ademais, unha cuarta pestana, About, recolle datos do estudo realizado.
Manuel Febrero e Wenceslao González, catedráticos de Estatística, Análise Matemático e Optimización, e Manuel Oviedo, investigador da USC, son os membros do grupo MODESTYA que levan traballando nesta aplicación desde o principio da pandemia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?