Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Samsung Galaxy Note20 leva a produtividade a un novo nivel
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

O Samsung Galaxy Note20 leva a produtividade a un novo nivel

Marcus Fernández
Publicado: 06/08/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

15_galaxywatch3_budslive_note20ultra_lifestyle_image-1.jpgSamsung presentou toda unha serie de dispositivos que poden potenciar tanto o traballo como o lecer, contribuíndo a conformar todo un ecosistema de produtos da familia Galaxy, de xeito que os smartphones e as tabletas de Samsung poden completarse con distintos accesorios que facilitan a integración da tecnoloxía no noso día a día.
O produto estrela presentado por Samsung é o Galaxy Note20, que para moitos é o mellor smartphone de cara á produtividade (principalmente pola incorporación do S Pen que permite realizar anotacións en pantalla, controlar de xeito preciso moitas aplicacións e incluso realizar funcións avanzadas con simples xestos) e que desta volta conta cunha versión Ultra para usuarios máis esixentes. Para a produtividade tamén pode resultar moi práctico o uso de Samsung DeX, xa que pode conectarse o móbil a unha pantalla externa para empregalo coma se fose un equipo informático completo, e como novidade desta nova versión temos tamén a posibilidade de proxectar o escritorio sen fíos nun Smart TV, o que incluso podería aproveitarse para enviar mensaxes de texto ou ler comentarios mentres se xoga en liña ou se comparte un vídeo.
De cara ao lecer, nesta ocasión Samsung quixo destacar que o Note20 é un dispositivo ideal para tirar proveito do xogo na nube de Xbox Game Pass Ultimate, servizo para o que ofrecen 3 meses de proba, e que permite gozar de xogos de Xbox One na pantalla do móbil.
galaxy-note20-ultra_front_mystic-black.jpgO Galaxy Note20 ten unha pantalla Full HD+ Super AMOLED Plus de 6,7 polgadas con certificación HDR10+, mentres que o Galaxy Note20 Ultra leva a súa pantalla Dynamic AMOLED 2X ata as 6,9 polgadas, aproveitando este cambio de tecnoloxía para contar con resolución Quad HD+ e velocidade de refresco de 120 Hz, converténdose probablemente na pantalla de máis calidade do mercado. Ambos modelos contan cunha cámara frontal de 10 Mpíxeles, mentres que nas cámaras traseiras triplas destacan polos seus grandes sensores. No Galaxy Note20 teriamos sensores grande angular e ultra grande angular de 12 Mpíxeles e un teleobxectivo de 64 Mpíxeles, conseguindo un zoom híbrido óptico de 3x e un zoom dixital de ata 30x; mentres que o Galaxy Note20 Ultra opta por sensores ultra grande angular e teleobxectivo de 12 Mpíxeles e un sensor principal de 108 Mpíxeles, conseguindo un zoom óptico de 5x e un zoom dixital de ata 50x. O modelo normal tamén está equipado con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento interno, mentres que o Ultra conta con 12 GB de RAM e 256/512 GB de almacenamento interno.
Para conseguir autonomía dabondo para un día completo o Galaxy Note20 conta cunha batería de 4.300 mAh con carga rápida por cable e sen fíos, así como carga inversa, mentres que o Galaxy Note20 Ultra chega ata os 4.500 mAh.
O Galaxy Note20 pode xa reservarse por 959 euros no seu modelo 4G con 256 GB de almacenamento, incrementando o seu prezo en 100 euros para o modelo 5G; mentres que o Galaxy Note20 Ultra custa 1.309 euros no seu modelo con 5G e 256 GB de almacenamento, incrementando o seu prezo en 100 euros se queremos gozar de 512 GB de almacenamento interno.


Vídeo promocional do Samsung Galaxy Note20

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026
TREBELLOS

Blackmagic Design presenta un micrófono para a captura de audio espacial

13/11/2026
TREBELLOS

Google e Samsung presentan as súas lentes con IA

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?