Dende o lanzamento da primeira consola Xbox a plataforma de xogo en liña de Microsoft respondía ao nome de Xbox LIVE e, para poder gozar do multixogador requiría dunha subscrición de pagamento chamada Xbox LIVE Gold, pero o lanzamento do Xbox Game Pass Ultimate, que xa inclúe Xbox LIVE Gold e a apertura dos xogos free-to-play ao xogo en rede sen precisar de subscrición fixo repensar esta plataforma de xogo en liña que está a someterse a un cambio de marca, de xeito que agora pasa a chamarse Xbox network.
Este cambio de marca foise reflectindo en diferentes lugares nos últimos meses, e xa o pasado verán deixouse notar nas condicións do servizo e, aínda que polo momento non parece que haxa unha intención clara de eliminar o servizo Xbox LIVE Gold, resulta evidente que Microsoft quere levar aos seus usuarios a Xbox Game Pass Ultimate que, aparte de permitir o xogo en liña, tamén inclúe máis dun cento de xogos para consola e PC, dos que boa parte poden tamén xogarse mediante streaming en dispositivos Android.
Xbox LIVE pasa a chamarse Xbox network
Compartir Este Artigo

