Hai preto dun mes chegaron rumores de que Horizon Forbidden West podería adiarse ata 2022 por culpa do impacto que tivo a COVID-19 no seu desenvolvemento, e finalmente esta información confírmase, detallándose que a secuela de Horizon Zero Dawn verá a luz o 18 de febreiro de 2022.
Dende Guerrilla aseguran que o xogo xa está na súa fase final de desenvolvemento, e que prefiren adiar o seu lanzamento ao ano que vén para garantir a súa calidade en PlayStation 4 e PlayStation 5, abríndose as reservas para o xogo o vindeiro 2 de setembro.
Aproveitan a ocasión para dar conta de que Horizon Zero Dawn vén de recibir un parche de balde que permite que os usuarios de PlayStation 5 poidan gozar do xogo a 60 imaxes por segundo, o que supón unha considerable mellora de rendemento.
Horizon Forbidden West chegará en febreiro de 2022
Compartir Este Artigo

