Horizon Forbidden West poderÃa adiarse até 2022
venres, 30 de xullo do 2021
Na
presentación oficial da PlayStation 5 deron a coñecer algúns dos seus
primeiros xogos, como Spider-Man: Miles Morales e o remake de Demon’s
Souls, sendo un dos tÃtulos máis destacados do evento Horizon Forbidden West,
secuela do aclamado Horizon Zero Dawn (que superou os 10 millóns de
copias vendidas), e que estaba previsto para a vindeira campaña de Nadal, pero dende
Bloomberg traen malas novas e aseguran
que o xogo adiarase até o primeiro trimestre de 2022.
Afirman que a COVID-19 provocou cambios no calendario de lanzamentos, afectando
a grandes desenvolvementos como a secuela de God of War e o xa
mencionado Horizon Forbidden West, de xeito que a PlayStation 5 verÃa
debilitada a súa oferta de xogos exclusivos de cara ao Nadal, o que
probablemente non teña consecuencias nas vendas xa que actualmente a demanda de
consolas PS5 segue a ser moi superior á oferta e aÃnda resulta imposible
adquirir a máquina en tendas fÃsicas.
Probablemente non se anuncie oficialmente o adiamento da secuela de Horizon
Zero Dawn até o PlayStation State of Play que poderÃa ter lugar en setembro
e tamén cómpre lembrar que, aÃnda que inicialmente Sony daba a entender que Horizon
Forbidden West serÃa exclusivo de PS5, finalmente sairá tamén para PS4, xa
que non resulta razoable deixar fóra ao xigantesco parque de consolas da
anterior xeración nun momento no que resulta case imposible dar o salto de
xeración por problemas de abastecemento das novas consolas.