
Adamo, porén, recoñece que a cifra devandita non será finalmente a definitiva, xa que a instalación pode ir máis aló neste concello lucense, dado que é intención dos responsables da compañía é levar Internet ultrarrápida ao resto de parroquias de Pol mediante investimentos propios, “sempre que se rexistre demanda entre os veciños”. Así, aquelas persoas interesadas en beneficiarse do sinal e o servizo da operadora de telecomunicacións en Pol poden inscribirse na web da compañía, no apartado específico para o concello lucense.
Internet de 1.000 Mbps en Pol
Adamo salienta que está a despregar nos nosos concellos “a fibra óptica máis veloz dispoñíbei hoxe en día no mercado, de 1.000 Mbps”. Esa potencia, engade a compañía, permite estar máis preto dos seres queridos que se atopan lonxe, teletraballar con garantías, pasar citar médicas en remoto, acceder a educación en liña, comprar por Internet ou gozar de videoxogos, películas e series a través da Rede.
Apoio municipal en Pol
O despregamento en Pol, que conta co respaldo do seu alcalde, Liño Rodríguez Ónega. enmárcase no plan de expansión que Adamo está a desenvolver na provincia de Lugo, que incluíu a instalación de fibra óptica en máis de 65.000 domicilios no últimos catro anos, entre 2018 e 2021. A eles sumaranse outros 14.000 ao longo de 2021 para redondear un total próximo aos 80.000 fogares na rede de Adamo.
Máis de 230 vivendas de Pol xa teñen a Internet ultrarrápida de Adamo
Compartir Este Artigo

