Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno galego controlará vía satélite as cortas de madeira nos nosos montes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno galego controlará vía satélite as cortas de madeira nos nosos montes

S. P.
Publicado: 16/03/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

satelite_madeira_forestal_02x.jpgO Goberno galego anunciou este 16 de marzo que vai intensificar o seguimento e a monitoraxe dos traballos forestais a través das máis avanzadas tecnoloxías. En concreto, controlará as talas de madeira nos nosos montes a través do satélite. Así o fixo saber o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, no transcurso dunhas vídeo-xornadas convocadas co gallo do Día Internacional dos Bosques (o 21 de marzo). Estas sesións están centradas na dixitalización e a descarbonización, así como no inventario forestal continuo de Galicia.
Máis polo miúdo, o director xeral anunciou que o seu departamento vén de desenvolver unha ferramenta baseada en teledetección lonxana (Sentinel-2 e/ou outras fontes similares) que posibilita a detección de cortas no territorio galego, é dicir, “que as propias cortas serán controladas vía satélite”, comentou, engadindo que se trata dun proxecto elaborado en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Neste contexto, José Luis Chan recordou que en Galicia córtanse ao ano preto de 10 millóns de metros cúbicos de madeira, máis da metade do volume de corta en España, e que o número de solicitudes de corta supera as 55.000 ao ano, dispersas en preto de 85.000 referencias catastrais diferentes e nunha superficie media inferior ás 0,8 hectáreas. Debido a ese volume, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal xa ten operativo un sistema de control de cortas mediante imaxes satélites que posibilitará á Administración forestal coñecer en tempo real cando se producen as cortas.
Segundo comentou, “se ditas cortas non contan co debido permiso administrativo, lánzase automaticamente un aviso aos axentes facultativos medioambientais para que visitan a parcela correspondente e, de ser o caso, levanten acta para iniciar un expediente sancionador”. Esta novidade, dixo, súmase á creación dun repositorio de servizos que permiten automatizar trámites como son as propias solicitudes de cortas de madeira ou a presentación de proxectos de ordenación de montes.
Así mesmo, o director xeral tamén aproveitou para poñer en valor a plataforma dixital FORTRA (Trazabilidade Forestal), creada pola Xunta, para que as empresas poidan informar a clientes e consumidores das características dos seus produtos elaborados a partir de madeira, incluíndo a súa pegada de carbono, así como o bosque do que proceden e as operacións de transformación que foron necesarias para a súa elaboración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?