Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A investigación galega activa un hub para poñer o cálculo avanzado ao servizo das pemes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A investigación galega activa un hub para poñer o cálculo avanzado ao servizo das pemes

S. P.
Publicado: 17/03/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hub-pet_mso-ed.jpgEste 16 de marzo presentouse en Madrid, no Barrabés Growth Space, o proxecto Hub-PET MSO-ED, cuxo obxectivo é achegar ás empresas tecnoloxía matemática punteira feita na nosa terra co fin de axudalas a ser máis competitivas, rendibles, eficientes, eficaces, flexibles e innovadoras. O hub conta co apoio firme do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), AIMEN, o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e o Basque Center for Applied Mathematics; contándose coa participación de compañías como AIS Group e AnySolution, entre outras. Segundo se fixo saber na presentación, o proxecto “establece conexións entre empresas e mundo académico de maneira dinámica, e fomenta o compromiso e a complicidade mutua”.
Na cita participou a investigadora galega Peregrina Quintela, catedrática de Matemática Aplicada, quen insistiu en que o hub “permitirá pór no mesmo taboleiro de xogo a empresas e aos xeradores de coñecemento, para que exista unha transferencia bidireccional real e útil que conecte todo o tecido produtivo coa academia”. Quintela, que é presidenta da Plataforma Española de Tecnoloxías de Modelización, Simulación e Optimización nunha Contorna Dixital (PET MSO ED), promotora da iniciativa, resaltou que se trata dunha iniciativa “pioneira en Europa” pois detrás deste portelo único non só estarán entidades académicas de primeira liña, senón tamén equipos de I+D, de grandes empresas como Repsol, Petronor ou BBVA; así como outras máis pequenas como AIS Group, especialista no desenvolvemento de aplicacións de Intelixencia Artificial, e AnySolution, entre outras moitas.
Durante a mesa redonda que pechou o acto houbo unanimidade en canto á necesidade de “que existan este tipo de plataformas que permitan a creación de ecosistemas de innovación aberta, xa que a conexión entre a industria e os centros de coñecemento será fundamental para vertebrar a economía durante os próximos anos”. Ademais, fíxose fincapé na “versatilidade das matemáticas”, capaces de influír en numerosos ámbitos empresariais utilizando ferramentas comúns. Todos concluíron que é “clave” crear canles de comunicación que permitan unha maior convivencia entre ambas as partes, “para que a transferencia de coñecemento inflúa en maior medida no tecido produtivo, favorecendo un maior desenvolvemento social e económico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?