Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O VI Hackhaton Big Data & Analytics repartirá 2.000 euros en premios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O VI Hackhaton Big Data & Analytics repartirá 2.000 euros en premios

S. P.
Publicado: 08/04/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cein_vi_dxc_big_data_hackathon.jpgOs vindeiros 22 e 23 de abril terá lugar o VI Hackathon Big Data & Analytics, un evento organizado dende o Gaiás (Santiago) polo Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) de DXC Technology, coa colaboración do Instituto de Investigación Sanitaria IDIS e a axencia AMTEGA, ao abeiro das iniciativas do Plan Digitalent para promover as vocacións tecnolóxicas. Segundo informa o CEIN, reuniranse equipos de analistas, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas con inquietudes nos ámbitos de Intelixencia Artificial e a análise da información a gran escala (Big Data) que compiten para elaborar a mellor solución tecnolóxica ao reto que se lles propoña.
Nesta edición, que se celebrará no espazo de DigiTalent na Cidade da Cultura de Galicia, o desafío virará ao redor da elaboración de modelos preditivos sobre o impacto na saúde de factores ambientais con obxectivos como realizar recomendacións sobre a idoneidade de realizar actividades no exterior ou predicir a demanda asistencial no ámbito sanitario.
As propostas desenvolveranse en grupos multidisciplinares de traballo integrados por un mínimo de 3 persoas a un máximo de 5, contando co asesoramento técnico de profesionais de DXC.
Nesta edición repártense 2.000€ en premios.
Ademais dos galardóns que se entregan ao rematar o desafío, nesta edición haberá un premio especial ao equipo que faga a mellor predición como resposta ao reto exposto para un momento futuro que se especificará. O venres 4 de maio, avaliarase o grao de axuste das predicións ás medicións reais e determinarase o gañador.
Os premios serán outorgados por un xurado composto por membros do equipo organizador ( DXC) e o IDIS, buscando atopar un equilibrio entre o sector técnico e outros sectores afíns á finalidade da convocatoria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?