O observatorio OSIMGA, dependente da axencia autonómica AMTEGA, presentou un novo e alentador informe sobre a relación que teñen as empresas galega coa pulo innovador: unha relación que vai a máis e que é obxecto, con cada ano que pasa, de maiores e máis excelentes esforzos. No informe, debullado polo OSIMGA e realizado polo Instituto Nacional de Estatística, faise saber que o 48,9% das empresas tecnolóxicas de Galicia con 10 ou máis persoas empregadas realizaron actividades innovadoras no período 2018-2020. No conxunto do tecido empresarial, a porcentaxe de empresas innovadoras foi dun 22,5%.
No estudo indícase que entre as empresas do Hipersector TIC que realizaron innovacións, no 89,1% dos casos eran innovacións tecnolóxicas de produto e o 91,5% innovacións tecnolóxicas de proceso. Amais, infórmase de que oo gasto en innovación en Galicia do Hipersector TIC ascendeu neste período a máis de 118 millóns de euros, dos cales o 71,7% está destinado a I+D interna. Por outra banda, o 34,7% das empresas do Hipersector TIC innovadoras declaran que as súas actividades innovadoras tiveron impacto na cifra de negocios, das cales, o 9,6% son innovacións no mercado e o 25,1% só para a propia empresa.
Estes datos foron recollidos nos estudos Galicia dixital. O Hipersector TIC en Galicia e Galicia Dixital: O sector TIC de Galicia, publicados polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Neles indícase que en 2021 o 70% das empresas tecnolóxicas galegas que realizaron actividades de I+D+i obtivo “resultados comercializables”, o que supón un incremento do 2,5% respecto ao ano anterior. Tamén se fai saber que “por actividade”, as empresas que realizaron máis iniciativas de I+D+i son as pertencentes ao subsector das Manufactureiras TIC cun 50%, seguidas das empresas dedicadas a Actividades Informáticas, cun 36%.
Tamén se incrementa a porcentaxe de empresas do sector TIC galego que nos tres últimos anos introduciron produtos novos ou mellorados no mercado, pasando dun 28% a un 34,4%. O aumento esténdese aos servizo novos ou mellorados producidos polas tecnolóxicas galegas, dun 38,4% a un 42,8%.
Fenda profesional
O OSIMGA, porén, tamén reflicte que en 2021 segue predominando a presenza masculina nas tarefas de I+D+i das empresas tecnolóxicas, xa que existen catro homes por cada muller nese departamento. As mulleres representan o 19% dos empregados en I+D+i fronte a un 81% de homes.
A innovación é unha constante na metade das empresas tecnolóxicas galegas
Compartir Este Artigo

