Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS lidera un consorcio europeo de persoas e máquinas contra a desinformación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS lidera un consorcio europeo de persoas e máquinas contra a desinformación

S. P.
Publicado: 25/01/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

fake_news_citius.jpgO CiTIUS da USC presentou este 25 de xaneiro os detalles dun proxecto europeo contra a desinformación nas redes. Trátase do consorcio HYBRIDS, unha iniciativa internacional liderada polo CiTIUS e financiada con 2,9 millóns de euros polo programa europeo Marie Sklodowska-Curie Doctoral Networks e o fondo de garantía Horizonte Europa do UKRI. Neste marco de traballo mobilízase “unha alianza estratéxica entre Intelixencia Artificial e coñecemento humano, entre máquinas e persoas, contra a proliferación das noticias falsas e discursos de odio”, en palabras do centro compostelán emprazado no Campus Vida, que lembra que “a desinformación tense convertido hoxe nunha das maiores ameazas sociais para a estabilidade das democracias modernas”. Sobre todo porque carga contra todo tipo de colectivos vulnerables, agravando a súa situación, e contribúe á discriminación.
“Os parlamentos e os gobernos das distintas nacións están a tomar conciencia da necesidade dunha estratexia global contra a desinformación, asumindo que a estabilidade das sociedades democráticas depende, tamén, de que a cidadanía teña acceso a datos verificables, sendo así libre de construír as súas propias opinións a partir de coñecemento obxectivo, cuxa veracidade poida ser demostrada”, explican dende o CiTIUS, engadindo que é neste contexto onde xuntan forzas a Unión Europea (UE) e o UKRI (UK Research and Innovation do Reino Unido) para apoiar un novo proxecto de investigación transnacional cuxo obxectivo científico será “deseñar e desenvolver novas ferramentas automáticas para contrarrestar a ameaza das fake news, baseadas no Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) e a Intelixencia Artificial (IA)”.
Ao longo da iniciativa HYBRIDS (Intelixencia híbrida para monitorizar, promover e analizar transformacións nas boas prácticas democráticas), desenvolveranse diferentes técnicas de aprendizaxe profunda (Deep Learning) a partir dunha análise exhaustiva do discurso público sobre temas cruciais a nivel global, como a saúde, a crise climática, o escepticismo europeo ou a inmigración, que terá en conta tanto os medios de comunicación tradicionais como os contidos publicados a través das redes sociais.

Imaxe da xuntanza celebrada este mércores 25 no CiTIUS
Imaxe da xuntanza celebrada este mércores 25 no CiTIUS
O CITiUS engade que dende a súa concepción inicial, HYBRIDS asumiu a necesidade de contar cun equipo de investigación multidisciplinar, “capaz de trasladar os coñecementos adquiridos nas ciencias humanas e sociais ás ferramentas tecnolóxicas baseadas nos algoritmos de PLN e DL”. Pablo Gamallo, experto en lingüística computacional e máximo responsable do proxecto desde a institución líder en España (o CiTIUS – Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela), afirma que “o obxectivo final é xerar novos sistemas de interpretación neuro-simbólica, algo que coñecemos como intelixencia híbrida». O investigador resume deste xeito a esencia do proxecto: “A idea de intelixencia híbrida consiste en combinar as altas capacidades computacionais dos recentes algoritmos neuronais con representacións simbólicas que modelan o coñecemento humano, achandando así o camiño para superar as carencias dos actuais métodos de Intelixencia Artificial», explica.
A posta en marcha de HYBRIDS contribuirá tamén á formación de perfís en metodoloxías híbridas, que achegarán a súa experiencia neste e noutros estudos sociais cun alto impacto potencial na sustentabilidade das boas prácticas democráticas en Europa.
HYBRIDS é o resultado dun consorcio internacional liderado desde Santiago de Compostela (España) polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), e nel participan un total de 14 membros (8 beneficiarios – 6 socios) de 7 países europeos: Francia, Alemaña, Italia, Portugal, España, Países Baixos e Reino Unido. Entre as institucións figuran 6 universidades (Queen Mary University of London, Radboud Universiteit, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Université Caen Normandie and Universidade de Evora); 3 centros de investigación (Consello Superior de Investigacións Científicas, Fondazione Bruno Kessler, Leibniz-Institut für Sozialwissenschaften); 2 fundacións sen ánimo de lucro (Fondazione Openpolis ETS, Fundación Empresa Universidade Galega) e 3 empresas privadas (Factoria Software e Multimedia, Industrieanlagen Betriebsgesellschaft MBH e Newtral Media Audiovisual). Tralo comezo oficial do proxecto, celebrado o 1 de xaneiro de 2023, as distintas institucións déronse cita este 25 de xaneiro no encontro de lanzamento da iniciativa HYBRIDS, celebrada no CiTIUS (Santiago de Compostela).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?