Tras a luz verde nos EE.UU. á compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft, e aínda que a operación tiña que completarse esta semana, o feito de que aínda queden detalles que concretar para facer posible a operación en territorio británico, levou a que Microsoft e Activision Blizzard chegaran a un acordo conxunto para ampliar o prazo límite para a operación de adquisición ata o 18 de outubro, dando así tempo para solucionar os problemas coa CMA en Reino Unido.
Dende Microsoft detallan que coa extensión do acordo Activision Blizzard poderá pagar 0,99 dólares por acción aos seus accionistas e tamén mudaron a indemnización que tería que pagar Microsoft se a operación finalmente non se substancia, que era de 3.000 millóns de dólares, e que medrará ata 3.500 millóns o 29 de agosto e ata 4.500 millóns o 15 de setembro, deixando claro que a compañía de Redmond está moi segura de poder completar a meirande compra no sector dos videoxogos en toda a historia.
Amplían o prazo para pechar a compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft
Compartir Este Artigo

