Unha xuÃza estadounidense desautoriza o bloqueo da compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft
martes, 11 de xullo do 2023
A primeiros do
ano pasado Microsoft
acordou a compra de Activision Blizzard por 68.700 millóns de dólares en
efectivo, operación que estaba pendente da aprobación dos organismos
reguladores e á que se opoñÃa seriamente Sony, que vÃa perigar a súa posición
no sector dos videoxogos se unha franquÃa tan importante como Call of Duty
pasaba a depender dos estudios de Microsoft.
Neste tempo puidemos ver como boa parte dos paÃses (incluÃndo
a Unión Europea), autorizaban a operación con poucas obxeccións, pero nos
EE.UU. o organismo regulador da competencia, a
FTC, opoñÃase á compra por desconfiar de Microsoft (considerando que
poderÃa abusar da súa posición tras a compra) e, en contraste, no Reino Unido o
organismo análogo, a CMA, non vÃa como un problema a situación á que pasarÃa a
franquÃa de Call of Duty, pero si consideraba perigosa a operación a
longo prazo, por
favorecer que Xbox puidese monopolizar o xogo na nube.
Microsoft defendeuse das acusacións contra a súa compañÃa que servÃan de
argumento para bloquear a compra de Activision Blizzard, e nos
xulgados estadounidenses a xuÃza Jacqueline Scott Corley considerou que o
bloqueo da FTC non estaba xustificado, xa que Microsoft comprometÃase a
levar Call of Duty a consolas PlayStation e de Nintendo durante 10 anos,
e incluso abrÃan os xogos de Activision a varios servizos de xogo na nube. A
xuÃza incluso entende que o marco tras a compra de Activision Blizzard non restrinxirÃa
o acceso de franquÃas como Call of Duty, senón que farÃa xusto o contrario:
abrilas a máis xogadores.
Tras esta resolución xudicial Microsoft volveu pór á vista en Reino Unido, que
é o último atranco que ten a adquisición para completarse, e Microsoft e
Activision queren chegar a un acordo amigable coa CMA, para o que xa
pediron conxuntamente o Tribunal de Apelación da Competencia a suspensión do
seu litixio. A CMA está disposta a escoitar as propostas de Microsoft para que
a compra de Activision Blizzard poida considerarse aceptable, e o feito de que
nos EE.UU. a operación teña xa luz verde xogará un papel crucial nesta
negociación, xa que deixan a Reino Unido nunha posición moi vulnerable (serÃa
indefendible prohibir a compra no Reino Unido, pois poderÃa provocar que os
cidadáns británicos quedasen no futuro sen os xogos de Activision Blizzard).
O acordo de compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft deberÃa
pecharse antes do 18 de xullo, o que poderÃan conseguir se non xorden
complicacións de última hora.