Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo e AELU impulsarán o emprego feminino no rural con formación TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo e AELU impulsarán o emprego feminino no rural con formación TIC

S. P.
Publicado: 29/08/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

290823_sinatura_convenio_aelu_deputacion_de_lugo.jpgO presidente da Deputación de Lugo, Jose Tomé Roca, e a presidenta da Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo (AELU), Anjhara Gómez Rodríguez, asinaron este martes 29 de agosto un novo acordo entre ambas entidades para impulsar o emprego feminino no rural da provincia. A institución provincial achega así preto de 40.000€ para a posta en marcha do programa Aulas Abertas, mentres que AELU aporta máis de 2.000€.
Esta iniciativa nace co obxectivo de formar e crear networking a través de obradoiros nos que se amosará de maneira gratuíta ás participantes as posibilidades de diversificar as súas actividades profesionais. “A través desta iniciativa”, informaron, “foméntase o apoderamento persoal, facilítase o coñecemento do mundo empresarial e do emprendemento e ofrécense técnicas para desenvolver as capacidades e potencialidades das participantes”.
José Tomé destacou a importancia deste acordo, que busca seguir “fortalecendo e diversificando o tecido produtivo da provincia a través do apoio a proxectos empresariais e emprendedores liderados por mulleres, o que favorece a xeración de riqueza e emprego, e, polo tanto, fixar poboación”.
Aulas Abertas conta con tres áreas educativas principais: a transformación de produtos agrogandeiros, o aproveitamento de recursos e a creación dunha imaxe nas redes e no universo dixital, contidos que suman en total 150 horas. Ademais, compleméntase con conversas con emprendedoras. Esta formación estará impartida por un técnico de emprendemento e un técnico en informática.
Aulas Abertas comezará no outono e AELU estima que serán arredor dun cento as mulleres beneficiarias desta iniciativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?