Os vindeiros días 12 e 13 celebrarase unha nova edición de VICON, o Congreso de Ciberseguridade de Vigo, nacido a partir dun Hack&Beers en 2017 ata evolucionar nun evento máis formal no que poder asistir a relatorios e obradoiros sobre seguridade informática e poder interactuar cos asistentes e relatores.
Esta nova edición de VICON terá lugar no Círculo de Empresarios de Galicia, estando aínda aberta a compra de entradas para poder acudir ás súas distintas sesións repartidas entre o venres e o sábado.
O venres terán lugar as seguintes actividades:
10:00 – Desenmascarando a Hermes: Tejiendo nodos para a loita contra a cibercriminalidade – Alberto González
11:00 – Heap Heap Hooray – Descubrindo a vulnerabilidade de heap overflow do GLIBC (CVE-2023-6246) – José López Martínez
12:30 – Seguindo a pista ao grupo APT Lazarus e as súas actividades recentes ao redor do mundo – Josep Albors
13:30 – Threat Hunting Operations and Research (THOR) – Iago
15:30 – Obradoiro: Elevación de privilexios en Linux – Manuel González Regal
16:00 – A nova era dos bootkits: Persistencia e evasión desde o núcleo – Alejandro Vázquez Vázquez
17:00 – Análise forense dunha ciberestafa – Juan Arce Luzuriaga
18:00 – Eu, cryptobr0: Seguridade en crypto – Andrés D. Naranjo Venegas
O programa de actividades do sábado será o seguinte:
9:30 – Os veos de Maya II. As desventuras de Pepe Lotas – Carmelo Toledo
9:30 – Obradoiro: Lockpicking – Mario Álvarez
10:30 – Abusando dos documentos públicos – Tomás Isasia
12:00 – Evasión de restricións USB básicas e avanzadas – Joel Serna
13:00 – Travelling OpSec: Viaxes e seguridade operacional – David Marugán
15:00 – Obradoiro: Threat Hunting 101 – Ángel Luis Veloy Mora
16:00 – Dark Territory: Paralizando a rede ferroviaria dun país enteiro – David Meléndez e Gabriela García
17:00 – Estratexias de ciberseguridade para analistas de calidade de software – Sara Martínez Giner
18:00 – Hardware4Hacking – Pablo Trujillo

