Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Faíscas Culturais (USC) céntrase esta semana nas emocións e na información nos tempos da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Faíscas Culturais (USC) céntrase esta semana nas emocións e na información nos tempos da IA

S. P.
Publicado: 16/12/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A exposicion Afectos Dixitais nunha fotografía de Santi Alvite
A exposicion Afectos Dixitais nunha fotografía de Santi Alvite
Esta semana o programa Faíscas Culturais da USC achega tres importantes actividades de divulgación e debate. Este martes 17 de decembro, de 16.00 a 17.30 horas no Seminario Nussbaum (109) da Facultade de Filosofía da USC, o alumnado da materia Mente Humana do Mestrado en Filosofía Coñecemento e Cidadanía, coordinado polo profesor Xavier de Donato, explorará as teorías filosóficas das emocións, creatividade e Intelixencia Artificial e realizará unha visita á exposición Afectos Dixitais no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca.
A iniciativa encádrase como dixemos na nova edición do programa Faíscas Culturais, que é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse a transformar coa aparición dos medios dixitais. En concreto, o programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do alumnado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título i-Emotions: Afectos Dixitais, esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición Afectos Dixitais sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, se están transformando coa aparición dos medios dixitais.
A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.
faiscas_culturais_afectos_dixitais_usc.jpg A maiores, esta mesma semana, o día 19 de decembro celebrarase un novo debate sobre as consecuencias da desinformación e as novas falsas sobre a democracia (propostas de alfabetización dixital). O alumnado da materia Política e Comunicación do grao en Ciencia Política e da Administración realizará o 19 de decembro, en quendas de 10.00 a 11.00 e de 17.00 a 18.00 horas na aula 0.2 da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, debaterán sobre as consecuencias da desinformación e as fake news sobre a democracia e construirán propostas para a alfabetización dixital e así evitar a degradación da calidade democrática do sistema político.
A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.
Engadir que na mesma xornada do 19 de decembro o alumnado da materia Tecnopolítica e redes sociais do mestrado universitario en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política realizará ás 12.30 horas no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, unha visita á exposición Afectos Dixitais guiada polo comisariado desta. Xa o 19 de decembro, de 16.00 a 17.30 horas na aula 1.4 da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, realizará un programa divulgativo en Twitch en directo sobre a exposición e a súa relación coa Ciencia Política.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?