Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e a Fundación Barrié premian unha tecnoloxía segura para as futuras comunicacións por satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e a Fundación Barrié premian unha tecnoloxía segura para as futuras comunicacións por satélite

S. P.
Publicado: 30/01/2025
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

4_zapatero_satelite.jpgA Real Academia Galega de Ciencias e a Fundación Barrié veñen de compartir as destinatarias e os destinatarios dos Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC, dirixidos a recoñecer a mellor investigación que se desenvolve na nosa comunidade en Ciencias Básicas, Técnicas e Sociais. Os tres traballos distinguidos recibirán unha dotación de 5.000 euros cada un, nun acto que se celebrará o 5 de febreiro no Pazo de San Roque de Santiago, coincidindo coa apertura do curso académico da RAGC. Entre as investigacións recoñecidas figura unha tecnoloxía segura para as vindeiras comunicacións vía satélite co-impulsada polo centro atlanTTic (UVigo).
Amais, concedéronse ademais varios accésit en cada unha das tres categorías.
A esta primeira edición presentáronse un centenar de candidaturas. Ademais do éxito da convocatoria, o xurado resalta “o magnífico nivel de todos os traballos, todos eles publicados en revistas internacionais de alto impacto, con resultados de enorme relevancia tanto desde o punto de vista científico como pola súa contribución ao avance da ciencia en Galicia”.
Un novo material capaz de converter o dióxido de carbono en metano mediante luz solar
1_correa_biocombustibles.jpg O premio na categoría de Ciencias Básicas recaeu nun proxecto centrado na utilización de dióxido de carbono para a produción de produtos químicos e combustibles como iniciativa para combater o cambio climático. Os seus autores, liderados por Miguel Ángel Correa, están integrados no Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo.
Tal como indica o investigador, “o metanol emprégase como fonte para a fabricación de produtos químicos, de xeito que podería desempeñar un papel importante como vector enerxético no futuro”. Na actualidade a produción de metanol depende de combustibles fósiles, polo que o equipo avanzou nun enfoque innovador para a súa obtención sustentable: desenvolveron un novo material capaz de converter de maneira eficiente o CO2 en metanol utilizando luz solar, imitando o proceso natural da fotosíntese. Correa explica que “a estratexia de fabricación baséase no uso de estruturas porosas organometálicas como plataforma para integrar nanopartículas de ouro, con propiedades ópticas especiais, e ións metálicos de cobre. Esta combinación simplifica a produción de metanol mediante o uso exclusivo de auga, dióxido de carbono e luz solar. A alta selectividade e estabilidade do material convérteno nunha alternativa viable para a produción sustentable de metanol”.
Avances no tratamento de doenzas nerviosas como a esclerose múltiple e un achado matemático que simplifica o estudo de fenómenos como a propagación de enfermidades
Na categoría de Ciencias Básicas concedéronse dous accésits. Un foi para o equipo de Ashwin Woodhoo, do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas -CiMUS- da Universidade de Santiago. Descubriron un novo mecanismo que revela por que en certas doenzas dánase a capa protectora dos nervios. Os investigadores acharon un mecanismo clave neste proceso, de xeito que, cando so xeradas anomalías na capa, desencadéanse problemas para camiñar, debilidade muscular ou pinzamento nas extremidades. Con este achado engádese unha nova diana para o deseño de novas estratexias terapéuticas contra estas doenzas.
Outro dos accésit foi para Fernando Adrián Fernández, da facultade de Matemáticas da USC. Logrou establecer a relación entre diferentes tipos de ecuacións de cara a facilitar o estudo de fenómenos do mundo real como o crecemento dos animais ou a propagación e prevalencia de enfermidades infecciosas, xunto a outros problemas de diversa índole. “Construímos unha ponte entre dous tipos de problemas matemáticos, trasladando o coñecemento e as ferramentas do problema máis accesible ao máis complicado, simplificando así o estudo e comprensión de moitos fenómenos no eido da bioloxía e a epidemioloxía”, salientou.
Tecnoloxía galega segura para as futuras comunicacións por satélite
O premio na categoría de Ciencias Técnicas foi para o grupo coordinado por Víctor Zapatero, do Vigo Quantum Communication Centre e o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación atlanTTic da UVigo. O investigador indica que gobernos e institucións de todo o mundo están a substituír os seus cifrados convencionais por cifrados máis robustos debido á ameaza dos computadores cuánticos. Nesta transición, unha técnica coñecida como “distribución cuántica de claves” preséntase como a única solución que permite alcanzar unha seguridade incondicional, pero é a máis custosa de implementar e, ademais, de non aplicarse correctamente, as súas garantías de seguridade desaparecen. Explica que esta “fraxilidade práctica”, unida ao seu elevado custo, está a frear a adopción xeneralizada da distribución cuántica de claves. Neste contexto, o traballo premiado propón unha nova variante máis sinxela, máis barata e máis práctica. Esta variante xa se probou en experimentos reais e crese que podería ter un rol protagonista nas futuras comunicacións cuánticas por satélite.
Un proceso innovador para eliminar a presenza de fármacos na auga
Na categoría de Ciencias Técnicas outorgouse un accésit a un equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da UVigo, liderado por Antía Fernández. Explica que a presenza de contaminantes farmacéuticos persistentes na auga, mesmo en concentracións moi baixas, ten un impacto significativo na saúde humana e no ambiente. Debido á súa resistencia e baixa concentración, estes contaminantes non se eliminan completamente coas técnicas convencionais de tratamento de auga, “o que xera a necesidade de desenvolver novos procesos”. Así, este traballo aborda a implementación de procesos de oxidación avanzada, facilitando a transformación dos contaminantes en substancias minerais.
Como afecta o efecto contaxio no fracaso empresarial
6_vivel_fracaso_empresarial.jpg O premio na categoría de Ciencias Sociais foi para un equipo da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, en colaboración co centro de investigación interuniversitario ECOBAS. A súa coordinadora, Milagros Vivel, sinala que estudaron a influencia do efecto contaxio do fracaso empresarial nas micro, pequenas e medianas empresas a través dunha mostra de 3.948 hoteis. O estudo logra identificar como a proximidade xeográfica a empresas fallidas incrementa a probabilidade de fracaso no curto prazo, pero diminúe a longo prazo, o que proporciona novas perspectivas sobre a xestión do risco empresarial.
O impacto das políticas de consolidación fiscal na intención de voto da cidadanía
7_cadaval_equipo_fiscal.jpg Nesta categoría outorgouse un accésit a un grupo da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, liderado por María Cadaval. Ofrece unha análise innovadora sobre o impacto das políticas de consolidación fiscal nas preferencias e intención de voto da cidadanía española, nun contexto marcado polas regras fiscais europeas. Empregando unha enquisa con máis de 1.500 participantes, avanzadas técnicas econométricas e un deseño experimental, o estudo revela que a ideoloxía política condiciona as preferencias sobre as medidas fiscais (suba de impostos ou recorte de gasto), que as políticas de austeridade teñen custos electorais variables segundo a súa composición, e que as percepcións cidadás están influídas polo nesgo das fontes de información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?