Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Activision abandona Call of Duty: Warzone Mobile
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Activision abandona Call of Duty: Warzone Mobile

Marcus Fernández
Publicado: 19/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

call_of_duty_warzone_mobile.jpgHai pouco máis dun ano Activision lanzou o xogo Call of Duty: Warzone Mobile, buscando levar a dispositivos móbiles a fórmula de éxito do seu free-to-play de acción en primeira persoa que tan ben funcionaba en PC e consolas, pero o resultado non parece ter sido satisfactorio e, recoñecendo a satisfacción por ter conseguido crear un Warzone para móbiles, anuncian que deixarán de publicar novo contido de tempada e actualizacións de xogabilidade da versión móbil de Warzone por non ter acadado «as nosas expectativas entre os xogadores que priorizan a experiencia móbil».
Con efecto inmediato, os xogadores xa non poderán adquirir Call of Duty Points nin Black Cell usando diñeiro real en Call of Duty: Warzone Mobile. O xogo xa non está dispoñible nas tendas de aplicacións móbiles de Google e Apple, e desactivaranse as funcións sociais nas dúas plataformas móbiles.
Os xogadores que teñan o xogo instalado seguirán podendo acceder ao mesmo, mantendo a progresión cruzada de inventarios compartidos e o emparellamento para xogar en liña. Os COD Points non empregados tamén poderán canxearse dentro do xogo por contido dispoñible na tenda do xogo.
Para agradecer o apoio ao longo dos pasados meses anuncian que teñen preparados incentivos especiais para os xogadores de Call of Duty: Warzone Mobile en Call of Duty: Mobile (principalmente dobrarán o saldo ao migrar dun xogo ao outro), así como tamén publican unha relación de preguntas frecuentes que buscan clarexar a situación tras o abandono de Warzone Mobile.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?