O vindeiro 28 de maio ás 19:00 o auditorio do Vello Cárcere de Lugo acollerá un Meetup de WordPress de Lugo protagonizado pola deseñadora Sabela Muñiz, deseñadora de produto, UX/UI e 3D, quen baixo o título de O que di a túa web sen palabras amosará como os elementos visuais, espaciais e de interacción dunha páxina web inflúen silenciosamente na percepción e comprensión do usuario.
Muñiz afondará na importancia da comunicación na web máis aló do texto, con cores, espazos, iconas, imaxes ou efectos visuais que transmiten múltiple información. Para ilustrar a temática a relatora comentará exemplos, boas prácticas e erros comúns, para que os asistentes poidan mellorar na construción de páxinas web nas que sexa posible moverse sen ter case que ler unha soa palabra.
Un Meetup en Lugo destacará a importancia do deseño dunha páxina web
Compartir Este Artigo

