Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En xullo, Vitae pon o foco nas vantaxes do autocoñecemento persoal e profesional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En xullo, Vitae pon o foco nas vantaxes do autocoñecemento persoal e profesional

S. P.
Publicado: 10/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

autoconecemento_vitae.jpgA galega Vitae segue adiante subministrando recursos formativos avanzados que nos axuden a avanzar no camiño da excelencia profesional e empresarial. No catálogo de cursos para este verán a consultora tecnolóxica inclúe a quinta edición dun curso que nos capacita para calibrar as nosas capacidades e limitacións e tamén as do noso equipo de traballo. Estamos a falar do curso Auto Coñecemento do Perfil Profesional, Psicoloxía do Traballo, de 12 horas de duración. Desenvolverase en formato de aula virtual con clases en directo recuperables os días 14, 16, 21 e 23 de xullo.
Esta actividade formativa vai directa a corrixir unha eiva importante a nivel formativo e profesional: a inexistencia de ferramentas e metodoloxías psicolóxicas básicas e útiles que nos axuden a coñecernos a nós mesmos.
autoconecemento_vitae_2.jpgSegundo explica Vitae, o primeiro paso para emendar a dita eiva é afondar no autocoñecemento (imprescindible para traballar de maneira axeitada en equipo). “Coñecernos a nós mesmos facilitará a comprensión do noso perfil profesional e dos perfís profesionais diferentes ao noso, o que mellorará a comunicación e a colaboración, xa que se entenderán as intencións e motivacións reais das persoas con diferentes perfís, diminuíndo os conflitos debido a unha incorrecta interpretación na comunicación con outras persoas”.
En definitiva, neste curso proporcionaranse estas ferramentas para o autocoñecemento con vistas a ter unha perspectiva baseada na ciencia para marcar as pautas dun correcto camiño profesional e do traballo en equipo.
autoconecemento_vitae_3.jpgOs obxectivos desta actividade formativa son os seguintes: elaborar unha descrición baseada na Ciencia do Perfil do Comportamento Profesional, proporcionar un método eficaz para o autocoñecemento e o autoliderado, proporcionar ferramentas para traballar en equipo xestionando as expectativas e os conflitos.
O curso virá da man de Marcos Carbonell, profesional con máis de tres décadas de experiencia nos sectores do deporte, as novas tecnoloxías e os recursos humanos. Carbonell é diplomado en Empresariais, máster en Recursos Humanos e posgrao en Marketing e en Organización de Empresas. Dende 2006 é socio director de Vitae Consultores e tense responsabilizado, directa ou indirectamente, de máis de 1.000 procesos de selección cunha taxa de máis dun 90% de éxito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?