Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC distingue cinco contribucións ao progreso científico de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC distingue cinco contribucións ao progreso científico de Galicia

S. P.
Publicado: 11/06/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

Fotos dos premiados no Pazo de San Roque da autoría de Suso Rivas
Fotos dos premiados no Pazo de San Roque da autoría de Suso Rivas
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou esta tarde, no Pazo de San Roque de Santiago o acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas (convocados coa colaboración da Axencia Galega de Innovación, GAIN) e o Premio de Divulgación Científica 2025.
Ao evento asistiron o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña, Mª Cristina Naya; a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama; a vicerreitora de Política Científica da Universidade de Santiago, Pilar Bermejo; a decana da facultade de Farmacia da USC, Reyes Laguna; e o presidente da RAGC, Juan Lema; xunto a outros representantes do eido científico, cultural e académico da nosa comunidade.
Na súa intervención, o presidente da RAGC manifestou que “os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia son moito máis que unha distinción individual ou de grupo, son unha declaración colectiva de futuro, unha aposta decidida por unha Galicia que cre na ciencia, que inviste na innovación, que valoriza o coñecemento, e que entende que só con transferencia real poderemos avanzar cara a unha sociedade máis xusta, máis saudable e máis sostible”.
En relación ao Premio de Divulgación Científica, salientou que a Academia busca “recoñecer a persoas e entidades que se esforzan por fomentar as vocacións científicas e potenciar o aprecio da ciencia entre a poboación”. Por último, apuntou que co Premio de Xornalismo preténdese “incentivar a transmisión dos valores da ciencia á sociedade”.
Premios á Transferencia de Tecnoloxía
Os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia comprenden dúas categorías, premiadas con 5.000 euros cada unha. O Premio Francisco Guitián Ojea a un traballo de investigación aplicada recaeu no proxecto de produción sostible de materiais porosos estériles para aplicacións biomédicas, de investigadores do Grupo I+D Farma da Universidade de Santiago, liderados por Carlos García, encadrado na investigación predoutoral de María Carracedo. O investigador agradeceu o premio á Academia en nome do seu equipo: “Este galardón recoñece un proxecto que ofrece solucións avanzadas sostibles no eido biomédico. É o resultado do traballo colaborativo levado a cabo nos últimos dez anos entre investigadores da facultade de Farmacia-iMATUS (Instituto de Materiais), iARCUS (Instituto do Medio Acuático para unha Saúde Global) e CiMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) da Universidade de Santiago”.
Pola súa banda, o Premio Fernando Calvet Prats a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía a unha empresa foi para o grupo de investigación NeurObesity do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas -CiMUS- da Universidade de Santiago. O equipo está coordinado por Miguel López, catedrático de Fisioloxía da USC e referente mundial no ámbito da obesidade e a neurociencia metabólica. A tecnoloxía premiada transferiuse a Gazella Biotech, unha nova firma biotecnolóxica fundada en Santiago en 2024 como spin-off da USC. “Recibir este premio representa unha honra e un recoñecemento extraordinario ao compromiso e esforzo do noso equipo na transferencia de tecnoloxía orientada a un tratamento innovador para a obesidade”, sinalou López.
Premio Xornalismo Científico Celia Brañas
ragc_6_premiados_todos.jpg O Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas foi para a reportaxe Trabajos del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago descifran cómo todos los caminos llevan a la obesidad de Lucía Cancela, publicada en La Voz de la Salud, o portal de saúde, benestar e nutrición de La Voz de Galicia. Aborda as investigacións que se están a levar a cabo no IDIS para atopar os mecanismos que expliquen unha patoloxía tan complexa como é a obesidade e buscar solucións á mesma. Ademais, pretende rachar cos mitos que rodean a esta enfermidade e co estigma que padecen as persoas que a sofren. A xornalista recibiu unha dotación de 3.500 €.
Ademais, outorgouse un accésit de 1.500 € á reportaxe Dentro del quirófano en un trasplante de corazón: “Ha sido casi perfecto cuando ha vuelto a latir” de Uxía Rodríguez, publicada tamén en La Voz de la Salud. Amosa, desde os quirófanos do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), non só a complexidade técnica dun transplante de corazón, senón tamén a súa dimensión humana.
Premio de Divulgación Científica para Galiciencia
ragc_7_premiados_todos.jpg O Premio RAGC de Divulgación Científica 2025 foi para Galiciencia, a maior feira de ciencia e tecnoloxía que se celebra na nosa comunidade, dirixida a alumnado desde Primaria a Bacharelato. Promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole, consolidouse como unha cita de referencia para a rapazada, que en cada edición presenta proxectos e solucións creativas e moi innovadoras vencelladas a temas de interese para o conxunto da sociedade como a saúde do planeta, a alimentación e os bos hábitos, a sostibilidade, as novas tecnoloxías da información… O director xerente de Tecnópole, Javier Taibo, agradeceu á Academia “este prestixioso recoñecemento, que nos chega nun momento moi especial para todo o equipo: o 20 aniversario de Galiciencia. Seguiremos promovendo de xeito incansable as carreiras STEM entre a mocidade galega”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?