Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Enredando Tour AMTEGA recala este xoves en Boiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Enredando Tour AMTEGA recala este xoves en Boiro

S. P.
Publicado: 25/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

enredandotour4.jpgA redución da fenda dixital en persoas de máis de 55 anos é o gran obxectivo da xira Enredando Tour AMTEGA, que arrincou por terceiro ano consecutivo grazas á colaboración entre Cruz Vermella e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e que recalou os días pasados en localidades como Silleda ou Noia. Este 26 de xuño fará parada en Boiro.
Grazas a esta xira, a veciñanza poderá acceder a contidos formativos sobre o uso da tecnoloxía na vida cotiá, achegarse a aplicacións que empregan IA (Intelixencia Artificial) e participar en sesións dedicadas especificamente á banca dixital e á ciberseguridade.
enredandotourportada.jpgComo novidade, están programados tamén obradoiros para mellorar a capacitación dixital en persoas que estean á procura ou mellora de emprego.
Os talleres son impartidos por persoal especializado e voluntariado de Cruz Vermella e desenvólvense en horario de 10 a 14 horas ao longo das diferentes escalas que se realizan no roteiro polas catro provincias galegas.
Os contidos formativos facilitan o achegamento á realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da vida cotiá.
Ademais das sesións específicas ao redor da banca dixital e a ciberseguridade postas en marcha no circuíto de 2025, este ano os e as participantes poderán realizar talleres directamente relacionados coa procura ou mellora de emprego a través de contornas dixitais.
Localidades do circuíto 2025
Pontevedra
Silleda: 23 de maio, Praza do Concello
Forcarei: 27 de maio, Praza da Igrexa, 1
O Rosal: 28 de maio, Praza do Calvario, 1
Ribadumia: 29 de maio, Praza do Concello
Ponte Caldelas: 30 de maio, Praza de España
Ourense
Celanova: 3 de xuño. Praza Maior de Celanova
A Rúa: 5 de xuño. Rúa Velázquez
O Carballiño: 10 de xuño. Praza Maior. Rúa Rosalía de Castro
Ourense: 11 de xuño. Rúa do Paseo nº 4 á altura do Centro Cultural Ángel Valente.
Barbadás: 12 de xuño, Avda. de Celanova á altura do nº 39 da localidade da Valenzá
A Coruña
Tordoia: 16 de xuño, na Praza do Concello
Cabana de Bergantiños: 17 de xuño, Lugar A Carballa
Trazo: 19 de xuño, Lugar Viaño Pequeno, 9
Frades: 23 de xuño. Praza pública de Ponte Carreira
Boiro: 26 de xuño. Praza de Galicia
Lugo
Guntín: mércores, 2 de xullo – Lameliña s/n, praza a carón da Igrexa nova de Guntín
Foz: xoves, 3 de xullo – Avda. Álvaro Cunqueiro (diante do concello)
Ribadeo: venres, 4 de xullo – Parque Praza de España.
Mondoñedo: luns, 7 de xullo- Praza do Concello
Vilalba: martes, 8 de xullo- Praza da Constitución

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?