Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto comeza o 1 de xullo regresando ás rúas de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto comeza o 1 de xullo regresando ás rúas de Santiago

S. P.
Publicado: 26/06/2025
10 Min de Lectura
Compartir
10 Min de Lectura

curtocircuito_santiago-3.jpgO Concello de Santiago presentou esta semana o programa completo da nova edición do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, referente galego dos novos formatos e contidos audiovisuais en clave de curtametraxes (principalmente). Entre os puntos máis destacados da nova convocatoria figura unha novidade decisiva nos escenarios da proxeccións: as rúas e prazas de Compostela.
Organizado polo Concello de Santiago de Compostela (Compostela Cultura), completa a súa programación cos últimos proxectos dos cineastas Brais Revaldería e Guillermo Galoe e a fotógrafa Laia Abril. O festival celebrarase entre o 1 e o 6 de xullo cunha proposta curatorial que sae ás prazas e rúas e prioriza o intercambio entre a comunidade creadora e a veciñanza fronte a competición.
A actualización da axenda foi dada a coñecer pola concelleira de Capital Cultural do Concello de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, a deputada de cultura da Deputación de Coruña, Natividade González, e o director artístico de Curtocircuíto, Pela del Álamo.
A concelleira Míriam Louzao felicitou o equipo organizador polo tecido dunha “programación coa que pretendemos seguir apostando por insistir na accesibilidade do cinema, na súa concepción como acto colectivo e como parte esencial da cultura concibida como un dereito ao que todos e todas temos que acceder”.
Na mesma liña, Natividade González salientou que “proxectos como este, como Curtocircuíto, son imprescindibles para facer avanzar a creación contemporánea, para abrir espazos de pensamento e para chegar ao público propostas arriscadas, diversas e tamén necesarias”.
Tras agradecer o apoio das institucións colaboradoras, o director do festival, Pela del Álamo, remarcou que a volta ás rúas de Curtocircuíto “era unha opción interesante non unicamente para o festival, senón para toda a cidadanía, porque o fai máis accesible, máis preto do público que, cando se atopa por sorpresa con este tipo de contidos, goza deles cunha actitude moito máis aberta”.
Durante as seis xornadas do festival, Santiago de Compostela acollerá unha programación plural e internacional con nomes como Lucile Hadžihalilović, Oliver Laxe, Kangding Ray, Martin Messier, Adrián Canoura, Lois Patiño, Lawrence Lek, Miranda Pennel, Billy Roisz, Total Refusal ou Nebojša Slijepčević entre outros. Curtocircuíto manterá as súas seccións competitivas Planeta GZ, Supernova e Cosmos, xunto a un cartel de espectáculos AVs con nomes relevantes da escena contemporánea como Martín Messier (Canadá), Amelie Duchow (Alemaña), Neutro Gris e nodoaviom (Valencia) e Carme López e Irene Sáenz (Galicia).
A gala de clausura será o domingo 6, será conducida por Nuno Pico (Grande Amore, Oh Ayatollah).
Completan a programación unha serie de sesións especiais. Oliver Laxe e Kangding Ray realizarán un encontro co público no Teatro Principal na que falarán sobre o proceso sonoro de Sirāt, previo ao live AV que terá lugar o venres 4 na praza da Quintana.
Tamén haberá unha sesión especial coa cineasta Lucile Hadžihalilović, a quen o festival dedica este ano o Premio Especial Atlas, que xunto coa xornalista Elsa Fernández-Santos, compartirá co público un encontro sobre a súa obra e os procesos creativos dunha cineasta que rexeita o obvio para mergullarse no sensorial, na beleza escura e na suxestión.
Continúan as sesións especiais o director Lois Patiño, a actriz Irene Escolar e a productora Beli Martínez, que manterán un encontro con prensa e público. Xuntos compartirán o proceso creativo de Ariel, o filme inaugural de Curtocircuíto, que transita entre o metacine, o sensorial e o máxico. A actividade terá lugar no hotel Costa Vella o mércores 2 ás 12h.
Brais Revaldería presenta una sesión expandida sobre Fillos do vento
O cineasta galego Brais Revaldería participa en Curtocircuíto cunha sesión especial centrada en Fillos do vento, un proxecto híbrido e radical que transita entre o cinema e a instalación e que está centrado na rapa das bestas. Estreado este ano no Festival de Cannes, esta proposta audiovisual investiga a tradición galega da rapa das bestas, entendida como forza ritual capaz de modelar os territorios e a memoria colectiva.
A sesión, que terá lugar o mércores 2 ás 20.30h no Teatro Principal, permitirá ao público mergullarse no proceso de creación dunha obra que se move entre o filme narrativo e a instalación inmersiva. O encontro culminará coa proxección dunha versión inédita e exclusiva de Fillos do vento (25’), montada especificamente para Curtocircuíto.
Laia Abril, Premio Nacional de Fotografía
A fotógrafa Laia Abril, Premio Nacional de Fotografía 2023, protagonizará outra das sesións especiais do certame. Laia Abril realizará un encontro co público no que presentará o seu último proxecto On Mass Hysteria, que continúa o seu traballo de investigación sobre a violencia estrutural exercida contra as mulleres.
A actividade será o xoves 3 de xullo ás 20.30h no Teatro Principal. Este traballo forma parte do seu ciclo documental titulado A History of Misogyny, onde a artista catalá investiga e visibiliza os diferentes mecanismos históricos de control, violencia e discriminación contra ás mulleres. Tras capítulos dedicados á cultura da violación (On Rape), ao aborto (On Abortion), á menstruación (Menstruation Myths), ou aos feminicidios (Feminicides), On Mass Hysteria céntrase nos episodios de histeria colectiva, revisando casos documentados dende a Idade Media ata a actualidade.
Conversa con Guillermo Galoe e Marina López
No marco de Curtocircuíto, o cineasta Guillermo Galoe, acompañado pola produtora Marina García López, protagonizará un encontro arredor do acto de filmar no espazo do outro, partindo da súa experiencia na rodaxe de Ciudad sin sueño, obra que recibiu o Premio SACD ao guión e á dirección na Semana da Crítica do Festival de Cannes, desenvolvida durante anos na Cañada Real, ás aforas de Madrid. A actividade, en forma de charla aberta, afondará nas implicacións éticas, estéticas e políticas de capturar realidades alleas, fronteiras invisibles e contextos de exclusión, sempre desde unha mirada consciente e autoral.
Galoe compartirá materiais inéditos, reflexións persoais e decisións clave do proceso creativo, propoñendo un espazo de diálogo arredor do cinema como lugar de encontro co outro (e, polo tanto, con nós mesmos), a representación da alteridade e a posición do artista e da ficción no territorio do real.
Durante máis de cinco anos, Galoe mergullouse na comunidade da Cañada Real, o maior asentamento irregular de Europa, convivindo coa veciñanza e desenvolvendo con ela unha proposta cinematográfica que mestura ficción e documental. O encontro terá lugar o domingo 6 ás 12h na terraza do hotel Costa Vella.
Curtocircuíto x Cineclube de Compostela
O Cineclube de Compostela e Curtocircuíto seguen colaborando nesta edición na recuperación do patrimonio audiovisual galego. Programarán a sección Rebobinar, repicar, recuperar: unha panorámica polo vídeo e a televisión en Galicia nos anos 80. Este ano explorarán o período entre finais dos 80 e comezos dos 90, unha etapa clave para o audiovisual galego coa chegada dos primeiros formatos domésticos e o inicio da TVG. A través dunha escolma de pezas inéditas e pouco coñecidas, revisitan unha época de gran efervescencia creativa nos eidos da ficción, o documental e o experimental. Proxectaranse as pezas 25×24, Antón Caeiro, (1985, 10”), Laza, carnaval sagrado, Xavier Villaverde (1986, 6”), Morosos varios, Roberto Vidal Bolaño (1991, 25””) e 365, Manolo Abad (1992, 9”).
Venda de abonos e entradas
Os abonos, entradas e convites para a próxima edición de Curtocircuíto están xa dispoñibles na web de Compostela Cultura, na Zona C · Punto de Información Cultural (aberta de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h) e no despacho de billetes do Teatro Principal (durante os días do certame).
As entradas para as proxeccións custan 4 €. O prezo das sesións live AV no Teatro Principal é de 7 €. As Sesións Especiais son gratuítas previa recollida de convites (máximo 2 por persoa). O acceso a todas as sesións no exterior é gratuíto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?