Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Avanza en Porto o proxecto Erasmus+ EDIGIT, no que participa o CITIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Avanza en Porto o proxecto Erasmus+ EDIGIT, no que participa o CITIC

S. P.
Publicado: 27/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_edigit4__002_.jpgA cidade de Porto (Portugal) acolleu os pasados días 25 e 26 de xuño a segunda reunión transnacional presencial do proxecto europeo Erasmus+ EDIGIT (European Digital Inclusive Guide for Innovative Teaching), no que o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC participa a través do seu programa Talentos Inclusivos. Precisamente, o primeiro encontro tivera lugar a comezos de ano no propio centro TIC da Universidade da Coruña, centro que forma parte da Rede CIGUS da Xunta de Galicia.
Na reunión de Portugal participaron en representación do CITIC, Manuel G. Penedo, director do centro; Javier Pereira, subdirector e investigador principal do proxecto Talentos Inclusivos e Irene Brage, responsable de proxectos do programa. Á representación do CITIC sumouse tamén a docente Marta López, do IES Poeta Díaz Castro, un dos centros educativos que participaron nas dúas últimas edicións do programa Talentos Inclusivos.
Este encontro tivo como obxectivo principal “a presentación da versión definitiva da guía metodolóxica e pedagóxica, xunto co índice de contidos que marcará o desenvolvemento dos módulos formativos do proxecto”. Durante as xornadas, tamén foron asignadas as responsabilidades sobre o desenvolvemento destes módulos aos distintos socios.
A reunión foi organizada pola entidade EPES, socio portugués do consorcio, que ademais de actuar como anfitrión, presentou o Paquete de Traballo nº 3 (WP3), centrado na creación de materiais formativos. Ao longo das dúas xornadas realizáronse múltiples actividades colaborativas, entre elas obradoiros de traballo e visitas institucionais pola cidade de Porto.
citic_talentos_inclusivos_edigit1__002_.jpgO encontro comezou cunha visión xeral do proxecto e a presentación dos resultados dos grupos focais nacionais, e continuou con sesións centradas na xestión, comunicación, avaliación e planificación futura do proxecto.
EDIGIT é unha iniciativa que promove a inclusión educativa a través de metodoloxías dixitais innovadoras, implicando a entidades académicas, centros de investigación e centros educativos de distintos países europeos.
O consorcio do proxecto, liderado polo CITIC, inclúe outras seis institucións de cinco países diferentes: Academia José Moreira da Silva (Portugal), Kezenfogva Osszefogas A Foyatekosokert Alapitvany- Hand in Hand Foundation (Hungría), Gymnázium Jiřího Gutha-Jarkovského (República Checa), ASPACE Coruña (España), Polo Europeo della Conoscenza – IC Bosco Chiesanuova (Italia) e On Projects Advising SL (España).
O CITIC, como coordinador do proxecto en España, subliña a importancia desta colaboración internacional para crear recursos educativos que fomenten unha maior inclusión e equidade na educación dixital. O proxecto Talentos Inclusivos comprométese a ofrecer unha formación de alta calidade que non só mellore as habilidades dixitais do profesorado, senón que tamén faga do ensino STEM unha experiencia accesible e inclusiva para todas e todos.
Talentos Inclusivos é un proxecto desenvolvido polo CITIC da UDC e ASPACE Coruña, e que conta co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades; o Consello Social da UDC; o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia a través das Consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e FP e de Política Social e Igualdade.
O seu obxectivo é espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre a mocidade e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos formulados por persoas con parálise cerebral.
A través deste proxecto, alumnos e alumnas de secundaria e bacharelato de diversos institutos de Galicia deben buscar solucións tecnolóxicas a unha serie de retos propostos por usuarios da entidade ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE e da Asociación de familias de persoas con parálise cerebral (APAMP).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?