Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Julián Cerviño impartiu unha clase maxistral sobre IA para o alumnado da Universidade Austral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Julián Cerviño impartiu unha clase maxistral sobre IA para o alumnado da Universidade Austral

S. P.
Publicado: 04/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Julián Cerviño, director da axencia autonómica AMTEGA
Julián Cerviño, director da axencia autonómica AMTEGA
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, impartiu este luns 4 de agosto por videoconferencia unha clase maxistral dirixida ao alumnado de Dereito da Universidade Austral da Arxentina sobre Regular e aplicar a Intelixencia Artificial no sector público: a experiencia de Galicia.
Tras explicar o papel da AMTEGA na coordinación e desenvolvemento da transformación dixital na Comunidade Autónoma, Julián Cerviño enmarcou a aprobación da Lei de IA na “aposta de Galicia pola especialización tecnolóxica na xestión ética e responsable dos datos”.
O director de AMTEGA indicou que “esta lei establece un marco de goberno para o desenvolvemento e uso da IA na Administración pública autonómica e afianza os dereitos de transparencia e supervisión humana, a igualdade, así como os mecanismos de tutela para facer valer os dereitos de protección de datos ou a revisión das decisións tomadas coa axuda desta tecnoloxía”.
Cerviño dixo que a visión de Galicia con respecto ao uso da Intelixencia Artificial é “unha visión comprometida”, ao ter en conta que a ciencia e a tecnoloxía poden alterar valores e principios da sociedade. Así, explicou que dende a Xunta, “con independencia dos casos de uso e aplicacións da tecnoloxía, reafirmamos e protexemos os nosos principios e valores en canto á xestión pública, como a imparcialidade, a transparencia, a seguridade ou a responsabilidade”.
A clase maxistral, aberta a todo o alumnado da Facultade de Dereito, foi organizada pola Diplomatura de Dereito Sanitario. O director da AMTEGA explicou o papel do Consello Técnico Asesor en Intelixencia Artificial e Espazo de Datos, como órgano colexiado creado para o asesoramento da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) no deseño e na proposta das políticas que impliquen o uso desta tecnoloxía. O seu obxectivo principal é garantir un uso ético e seguro da IA e da xestión dos datos.
Julián Cerviño expuxo algúns exemplos sobre o uso da IA no SERGAS, como os algoritmos que axudan a interpretar lesións óseas ou musculares en radiografías; os dispositivos portátiles para facer ecografías que grazas á IA poden usarse na atención primaria; os sistemas para identificar casos de cancro e facer outro tipo de análises en mostras de anatomía patolóxica; o uso da IA nos cribados de cancro de mama; ou a análise das historias clínicas con IA para axudar ao persoal médico a decidir, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?