Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EA esfórzase en protexer Battlefield 6 dos trampulleiros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

EA esfórzase en protexer Battlefield 6 dos trampulleiros

Redacción
Publicado: 11/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bf_gla_usp4_tacticaldestruction.jpgElectronic Arts detectou un problema masivo de trampas nos primeiros días da beta aberta de Battlefield 6, lanzada a pasada fin de semana. A compañía confirmou que o seu sistema anti-trampas Javelin bloqueou 330.000 intentos de empregar software fraudulento ou manipular os controis de seguridade desde o inicio da proba, mentres que os xogadores remitiron 104.000 informes sobre casos potenciais de tramposos nos dous primeiros días.
O responsable do equipo SPEAR Anti-Cheat explicou no foro oficial que o xogo tamén emprega a función Secure Boot de Windows como medida adicional para dificultar a creación e execución de programas para facer trampa, aínda que advertiu que «non é unha bala de prata» contra o problema. Esta capa de seguridade permite detectar sinais que non serían fiables doutro xeito, como a carga de controladores vulnerables.
gla_rev_screenshot_03_usp3.jpg Salientou que a loita contra as trampas «non é algo que se faga unha vez e quede resolto», senón «un campo de batalla en constante evolución» no que o que funciona nun título pode non ser efectivo noutro. Tamén agradeceu aos usuarios que informan de condutas sospeitosas, xa que iso permite descubrir novas comunidades de tramposos e mellorar as deteccións.
Polo momento, Electronic Arts non facilitou cifras actualizadas de contas expulsadas, aínda que asegurou que continúa a revisar denuncias e aplicar sancións para preservar a integridade das partidas. O emprego de sistemas anti-trampas a nivel de kernel, como o de Battlefield 6, é cada vez máis habitual en títulos competitivos, seguindo o camiño de compañías como Riot Games (Valorant) ou Activision (Call of Duty).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?