Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Switch 2 estrea un xogo inspirado en cadeiras de rodas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A Switch 2 estrea un xogo inspirado en cadeiras de rodas

Redacción
Publicado: 14/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nswitch2_dragxdrive.jpgChega en exclusiva a Nintendo Switch 2 o xogo Drag x Drive, unha proposta innovadora que introduce un deporte ficticio e trepidante baseado en partidos 3 contra 3, e que ten un prezo de 19,99 euros. Este título combina habilidade, precisión e estratexia nunha cancha onde os xogadores controlan vehículos semellantes a cadeiras de rodas, empregando os mandos Joy-Con 2 como se fosen un rato para dirixir os movementos.
A dinámica de xogo permite realizar accións como avanzar, xirar, saltar e lanzar á canastra mediante xestos intuitivos. A través do uso do halfpipe, os xogadores poden propulsarse para executar mates e trucos espectaculares, engadindo un compoñente acrobático á competición.
nswitch2_dragxdrive_screensho.jpg Drag x Drive ofrece múltiples modos de xogo. Nos parques públicos, os usuarios poden participar en partidas automáticas, competir en minixogos e acumular aneis. Os parques privados permiten organizar encontros entre amigos, establecer equipos e comunicarse mediante GameChat para coordinar estratexias. Tamén se inclúe a opción de enfrontarse a bots con distintos niveis de dificultade, así como unha ampla variedade de minixogos, como desafíos contra o reloxo, circuítos ao sprint ou concursos de tiro, para ata doce participantes.
nswitch2_dragxdrive_friendpark_es.jpg O xogo propón tres perfís de xogador: pivote, base e ala, cada un con características específicas que se adaptan a diferentes estilos de xogo. Ademais, permite unha ampla personalización estética, desde cascos ata texturas e dorsais, para que cada usuario poida distinguirse visualmente na cancha.
Con esta proposta, Nintendo aposta por unha experiencia multixogador dinámica, accesible e visualmente atractiva, que dá un carácter diferenciado ao catálogo deportivo da Switch 2, aínda que as primeiras críticas dan a entender que a orixinal proposta non foi ben executada, especialmente a nivel xogable (por culpa dun sistema de control pouco fiable e moi incómodo).


Tráiler de lanzamento de Drag x Drive

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?