Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O obradoiro creativo Tech Kids do CPEIG recala este mes de agosto en Ribeira
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O obradoiro creativo Tech Kids do CPEIG recala este mes de agosto en Ribeira

S. P.
Publicado: 19/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cemit_ribeira.jpgEste martes 19 de agosto tivo lugar en Ribeira a presentación do obradoiro Tech Kids que se vai celebrar na Aula CeMIT de Santa Uxía. Os detalles da actividade foron achegados polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta xunto ao concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones.
Lembraron que a Aula CeMIT de Ribeira foi novamente elixida entre outras 10 aulas de Galicia para impartir unha nova edición do programa Tech Kids do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a axencia AMTEGA, dirixido á rapazada de entre 12 e 18 anos aproximadamente, co fin de poñer en práctica o seu talento dixital, a súa capacidade resolutiva e a súa creatividade.
Segundo o concelleiro de Novas Tecnoloxías, “a idea é que pouco a pouco a rapazada poida ir facendo unha formación dun nivel un pouquiño máis elevado, nun nivel intermedio en tecnoloxía maker onde imos traballar en deseño e fabricación en 3D, robótica educativa, programación de videoxogos e programación con drons”. Suárez-Puerta informou que o programa Tech Kids Argallando entre xeracións, inclúe un obradoiro creativo sobre equipamento disruptivo que terá lugar os días 27, 28 e 29 de agosto (mércores, xoves e venres), para rapazada a partir de 12 anos (aproximadamente), en horario de 10:00 a 12:30 horas.
cemit_ribeira_setembro_presentacion.jpg O edil engadiu que estas sesión serán de balde e “terán un carácter demostrativo-experimental, nas que se exporán varias aplicacións e usos dos diferentes equipamentos tecnolóxicos disruptivos que temos na Aula CeMIT”.
As sesións orientaranse tanto á xeración de ideas e invencións dos rapaces como ao uso de tecnoloxías disruptivas como por exemplo deseño e fabricación 3D, robótica educativa con MicroBit, programación de videoxogos, experimentos con condutividade electrónica e programación de drons.
Tralas sesións formativas, as e os participantes poderán participar (sempre de forma voluntaria) nun reto científico-tecnolóxico, que mestura a tecnoloxía e innovación coa cultura e a tradición, coa finalidade de impulsar a súa creatividade coñecendo o uso e aproveitamento do equipamento e materiais dos que dispón a Aula CeMIT. O reto artellarase a través da web de Argallando.
Para rematar o concelleiro de Sanidade salientou que ofrecer alternativas de ocio e formación para os mozos e mozas, “é a liña de traballo deste Goberno para evitar as condutas aditivas que tantos problemas nos están xerando neste nicho de poboación”.
Prazas: 23/24.
Teléfono: 981 87 60 43.
Correo: cemit.ribeira@xunta.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?