Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A remasterización do primeiro Gears of War destaca entre as novidades de Game Pass
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A remasterización do primeiro Gears of War destaca entre as novidades de Game Pass

Redacción
Publicado: 19/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xbox_gamepass_announcement_detalle.jpgXbox anunciou as novas incorporacións que se suman a Game Pass durante as vindeiras dúas semanas. Na semana do 18 de agosto chegan títulos como Blacksmith Master, en versión Game Preview para PC, no que o xogador debe xestionar unha forxa medieval desde a extracción de minerais ata a creación de armas, armaduras e utensilios. O mesmo día incorpórase Void/Breaker, un roguelite de acción en primeira persoa no que cómpre enfrontarse a unha intelixencia artificial que atrapa o protagonista en bucles de morte e repetición, cun sistema de disparos frenético e modificación avanzada de armas.
herdling_apps.34755.jpgO día 20 será a quenda de Goat Simulator Remastered, xa optimizado para Xbox Series X|S e agora dispoñible en Game Pass Standard, que recupera a súa xogabilidade caótica con gráficos mellorados e todo o contido adicional publicado. Ese mesmo día tamén se incorpora Persona 4 Golden, accesible en nube, consola e PC, unha das entregas máis coñecidas da saga xaponesa que combina misterio, amizade e unha trama de investigación.
Pechando a semana, o 21 de agosto, estará dispoñible Herdling, que se poderá xogar día un en Game Pass e propón unha viaxe alpina acompañando a un rabaño de criaturas entrañables en busca dun misterio agochado na montaña.
gears_apps.64769.jpgNa semana seguinte, o 26 de agosto, chegará un dos títulos máis agardados: Gears of War: Reloaded. Trátase da remasterización do primeiro Gears of War, desenvolvida con Unreal Engine e optimizada para as plataformas actuais. Inclúe todo o contido adicional publicado no seu día, con mapas multixogador, personaxes, elementos cosméticos e un acto extra da campaña.
Finalmente, o 28 de agosto incorporarase Dragon Age: The Veilguard, que tamén estará dispoñible dende o día un en Game Pass a través de EA Play. Este novo xogo de rol para un xogador convida a formar a Garda do Veo e desafiar os deuses nun mundo que precisa ser salvado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?