Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A enxeñaría de software dáse cita na Coruña no marco da SPLC 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A enxeñaría de software dáse cita na Coruña no marco da SPLC 2025

Redacción
Publicado: 27/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gzwcrkzwgaakhqz.jpgDo 1 ao 5 de setembro, A Coruña acollerá a 29ª edición da Conferencia Internacional de Sistemas e Liñas de Produtos de Software da ACM (SPLC 2025), un dos encontros máis prestixiosos no ámbito da enxeñaría de software. A Facultade de Informática da Universidade da Coruña será a sede deste foro internacional onde se darán cita investigadores, profesionais e docentes para explorar os retos e avances máis recentes na personalización e variabilidade de sistemas software.
O programa da conferencia destaca pola súa diversidade e profundidade. Entre os relatorios principais figuran nomes recoñecidos como Marsha Chechik, que abordará a garantía de calidade en liñas de produtos de sistemas complexos; Meike Klettke, cunha reflexión sobre a evolución das bases de datos relacionais, NoSQL e grafos; e Wesley K. G. Assunção, cunha mensaxe inspiradora sobre o futuro da enxeñaría de software.
As sesións técnicas cobren temáticas como a aplicación da intelixencia artificial e modelos de linguaxe (LLM) á configuración de software, técnicas de optimización e busca, visualización de SPLs baseadas na web, e análise de rendemento en contornos dinámicos. Tamén se celebrarán titoriais especializados, como o dedicado á fabricación de produtos baseados en software, e un simposio doutoral que dará voz ás novas xeracións de investigadores.
Fóra do ámbito académico, SPLC 2025 ofrecerá unha experiencia cultural completa: visitas guiadas por A Coruña e Santiago de Compostela, recepcións institucionais e unha cea de gala no emblemático Pazo de Vilaboa. A organización, liderada polo Clúster TIC Galicia e a Facultade de Informática da Coruña, subliña o papel da cidade como referente tecnolóxico e científico, consolidando Galicia como punto de encontro internacional para a innovación en software.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?