Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xbox abre o xogo na nube aos plans máis económicos do Game Pass
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Xbox abre o xogo na nube aos plans máis económicos do Game Pass

Redacción
Publicado: 27/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cloudlineup-small-2dd1f85bed62a9de10c4.jpgMicrosoft anunciou hoxe novidades no programa Xbox Insider que buscan reforzar a experiencia personalizada de xogo e ampliar as opcións de acceso ao catálogo de títulos. A compañía está a probar actualizacións en Xbox Game Pass que facilitan tanto o xogo en streaming como a chegada de xogos de PC a máis plans de subscrición.
Os subscritores de Xbox Game Pass Core e Standard poden, a partir de agora, probar Xbox Cloud Gaming (Beta) para transmitir e xogar desde calquera dispositivo compatible. Ademais de acceder aos xogos incluídos no servizo, tamén será posible xogar na nube a determinados títulos adquiridos individualmente, unha opción que ata o de agora estaba restrinxida. Esta novidade é moi importante xa que os plans máis básicos teñen un prezo de 6,99 e 12,99 euros/mes respectivamente, mentres que o plan Ultimate que facilitaba ata agora o xogo na nube ten un prezo mensual de 17,99 euros, polo que o aforro nas mensualidades para quen estea interesado en xogar en streaming é notable.
Ao mesmo tempo, Microsoft inicia probas que por primeira vez levan xogos de PC a subscritores de Core e Standard, o que permitirá desfrutar destes títulos tanto nun ordenador como en dispositivos portátiles con Windows.
O proceso para acceder a estas funcións varía segundo o dispositivo. No caso da nube, pódese xogar desde xbox.com/play ou a través da aplicación de Xbox para televisores, sempre que se activen as funcións en fase previa nos axustes da conta. Para a parte de PC, chega mediante a aplicación Xbox para Windows.
A compañía lembra que quen queira adiantarse ás novidades pode unirse ao programa Xbox Insider descargando a aplicación Xbox Insider Hub en consolas Xbox Series X|S, Xbox One ou en PC. Para quen busque unha experiencia máis completa, a subscrición a Game Pass Ultimate continúa ofrecendo acceso a centos de xogos en consola, PC e nube, xogos dispoñibles dende o primeiro día, multixogador en liña e vantaxes adicionais como EA Play ou recompensas en títulos de Riot Games.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?