Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inaugurada nas Torres Hejduk unha instalación que anticipa as futuras paisaxes dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inaugurada nas Torres Hejduk unha instalación que anticipa as futuras paisaxes dixitais

S. P.
Publicado: 28/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

exposicion_virtual_cidade_da_cultura_torres_imaxecdc2.jpgO director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou este 28 de agosto na Cidade da Cultura a instalación artística Phygital land, traducións do físico ao virtual, unha proposta da creadora granadina Irene Molina que foi seleccionada como gañadora entre os proxectos presentados na pasada edición do Encontro de Artistas Novos.
Trátase dun traballo que combina a dimensión física coa dixital para xerar esculturas en 3D e proxeccións animadas que evocan a idea dunha paisaxe post-apocalíptica onde a natureza foi substituída por unha imperfecta versión dixital, xerada polas propias máquinas.
No acto de apertura das torres Hejduk do monte Gaiás (Santiago), Lorenzo celebrou que a “canteira de novos creadores” que pasan polo Encontro de Artistas Novos —que suma xa 15 edicións e máis de 900 artistas— continúe a dar froito en intervencións como Phygital land, “un pertinente convite a repensar a relación entre o natural e o tecnolóxico”, engadiu.
expo_virtual_torres_cidade_cultura_imaxecdc1.jpgAdemais de Anxo M. Lorenzo, na inauguración participaron tamén a directora de Acción Cultural do Gaiás, Verónica Santos; o director do EAN, Rafael Doctor; e os 40 artistas participantes nesta edición do encontro.
Phygital land reflexiona sobre como percibimos o dixital e o tanxible cando ambos mundos se entrelazan. As esculturas da instalación nacen da captura mediante fotogrametría de elementos naturais como pólas, follas ou pedras. Convertidos en arquivos dixitais, son reinterpretados e re-materializados con impresión 3D. Esta tradución do orgánico ao dato, e do dato novamente á materia, dá lugar a formas híbridas onde o erro da máquina se converte en linguaxe estética.
A instalación, que conta co apoio da Fundación Banco Sabadell, poderase visitar no interior das Torres Hejduk do Gaiás ata o vindeiro 11 de xaneiro de 2026. Inclúe unha proxección envolvente cunha atmosfera sonora asinada por Diego Flórez, composta partindo de gravacións de elementos naturais —animais, plantas ou sons do mundo subterráneo— e de elementos artificiais —como tubaxes e desaugadoiros—. Empregando síntese algorítmica, o son da instalación proponse esluír os límites entre o natural, o dixital e o artificial.
A obra de Irene Molina (Granada, 1997) abrangue os novos medios con especial atención ao 3D. Na súa práctica artística investiga sobre as relacións que xorden na intersección e hibridación do obxecto dixital e o corpo físico. A súa produción quere xerar pontes entre espazos materiais e virtuais, onde o escultórico convive coa pantalla. A súa preocupación sobre o presente virtual máis inmediato pon o foco na construción e percepción do espazo e o erro dixital. Graduada en Belas Artes pola Universidade de Granada e Máster en Produción Artística pola Universidade de Málaga. Recibiu o Premio BMW de Pintura na categoría de Arte Dixital 2022 e foi residente da XXI promoción da fundación Antonio Gala.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?