Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña impulsa a modernización tecnolóxica da Confraría de Laxe
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña impulsa a modernización tecnolóxica da Confraría de Laxe

S. P.
Publicado: 28/08/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_confraria_laxe.jpgA deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, visitou este xoves 28 de agosto a sede da Confraría de Pescadores de Laxe para coñecer de primeira man a actividade e as necesidades do sector pesqueiro e marisqueiro local.
Durante o encontro, no que se reuniu co secretario da confraría, Antonio Devesa, e outros membros da directiva, a deputada destacou o compromiso da Deputación da Coruña co impulso ao sector do mar e puxo en valor “o traballo do pósito, que este ano recibiu un total de 44.368 euros en axudas provinciais”.
Segundo explicou Capelán, as achegas forman parte do programa de apoio ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadores da área de Mar e Medio Rural da Deputación, dotado cun orzamento global de 800.000 euros, co obxectivo de reforzar a actividade e a sustentabilidade do sector pesqueiro tradicional.
A deputada explicou que a Confraría de Laxe destinará 13.600 euros á adquisición de novo equipamento informático tanto para a sede da entidade como para a lonxa, incluíndo computadores, impresoras e proxectores.
Así mesmo, concedéronse 24.000 euros para a mellora das canles de comercialización da lonxa, cun proxecto centrado en atraer novos clientes a través de ferramentas dixitais e a venda online. “Esta estratexia busca paliar o descenso do número de embarcacións, cotas de captura e compradores na lonxa local, facilitando a continuidade da actividade pesqueira mediante o uso das novas tecnoloxías”, lembraron.
“A modernización tecnolóxica e comercial das confrarías é fundamental para garantir a súa viabilidade nun contexto cambiante e cada vez máis competitivo. Desde a Deputación apostamos por acompañalas neste proceso, apoiando proxectos que lles permitan chegar máis lonxe e diversificar as súas canles de venda”, destacou Cristina Capelán.
O novo sistema inclúe tamén a preparación, embalaxe e envío dos produtos adquiridos polos clientes, asumida polo persoal da lonxa, garantindo así un servizo completo e profesionalizado.
A terceira liña de apoio, por importe de 6.768 euros, destinouse á organización da II Xornada de Degustación da Navalla e o Longueirón de Laxe, celebrada a comezos de agosto, e que reuniu a centos de persoas na localidade para saborear máis de 120 quilos destes bivalvos capturados na zona.
Os responsables da Confraría de Laxe agradeceron o apoio da Deputación nesta estratexia de modernización tecnolóxica e comercial e explicaron as súa colaboración con outras entidades da zona en plans de explotación compartidos, como o da navalla e longueirón con Corme, ou o do ourizo con Malpica, Corme, Camelle, Camariñas e Muxía, nun modelo de cooperación que tamén conta co apoio da institución provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?