Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Metal Gear Solid Δ: Snake Eater moderniza tecnicamente un clásico de Konami
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Metal Gear Solid Δ: Snake Eater moderniza tecnicamente un clásico de Konami

Redacción
Publicado: 28/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

snake_eater_top_main.jpgKonami, en colaboración con PlatinumGames, lanza hoxe oficialmente Metal Gear Solid Δ: Snake Eater, unha reinterpretación completa do clásico de 2004 para PlayStation 2 (que en 2012 fora recuperado para Nintendo 3DS), agora reconstruído sobre a potente infraestrutura do motor Unreal Engine 5. O xogo está dispoñible para PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC, ofrecendo aos xogadores unha experiencia visual e mecánica radicalmente mellorada, sen renunciar á esencia que definiu a entrega orixinal.
snake_eater_59557.jpg A nova versión non pretende reinventar a narrativa, senón revitalizala. A historia de Snake, ambientada no contexto da Guerra Fría, mantense intacta, mais os escenarios, a intelixencia artificial dos inimigos e o sistema de combate foron redeseñados para reflectir os estándares actuais. A selva, escenario principal da aventura, cobra vida cun nivel de detalle que permite observar como a herba se move ao paso do protagonista ou como os soldados detectan rastros de sangue e sons sutís, engadindo unha capa de tensión constante ao xogo.
O sistema de cámara tamén foi adaptado ás preferencias contemporáneas, permitindo escoller entre a perspectiva clásica e unha visión máis próxima ao estilo cinematográfico moderno. Ademais, os menús foron simplificados, facilitando accións como curar feridas ou cambiar de camuflaxe sen interromper o ritmo da partida.
ss_2506_bom_2.jpg Como curiosidade, a versión para PlayStation 5 e PC (Steam) ofrece un modo de xogo adicional coñecido como Snake vs Monkey no que hai que recoller a uns simios espallados en varios niveis; mentres que para Xbox Series X|S o modo adicional é moito máis espectacular, xa que permite enfrontar a Snake co célebre Bomberman.
Cómpre tamén salientar que a versión de lanzamento do xogo presenta numerosos fallos que xa están identificados e dos que varios xa están corrixidos nos primeiros parches.


Tráiler de lanzamento do xogo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?